Conversa:República Popular de Ucraína
Curto
[editar a fonte]@Elisardojm: A prosa do artigo é unha definición de 704 B. É demasiado curto. WP:NON#DICIONARIO ☣Banjo tell me 2 de agosto de 2017 ás 10:28 (UTC)
- Vale Banjo, pero entón haberá que aclarar ben o uso do marcador na taberna, porque non se sabe se os 2000 bytes é o tamaño do texto, o tamaño total do artigo, ou o que. Ademais nesa conversa estanse indicando os problemas que se derivan deste modelo e que tamén haberá que comentar e poñerse de acordo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 10:33 (UTC)
- O marcador inclúese cando o artigo incumple WP:NON#DICIONARIO. O límite de 2kb quedou coma norma xeral a raíz da conversa con Atobar. O límite de 2kb pode servir de guía, pero un límite numérico non pode seguirse sen máis sen ter en consideración o propio contido do artigo e o contexto do mesmo, como creo que algúns usuarios xa comentaron nesa mensaxe da taberna. Cada artigo ten as súas particularidades, non tódolos modelos nin todo o código wiki ocupa o mesmo espazo, nin hai as mesmas fontes de información para todo. Se nos guiasemos polo tamaño sen máis tódolos artigos sobre lugares de Galicia terían o marcador. Non creo que haxa que poñerse de acordo en nada, o uso que se fixo ata o de agora do modelo paréceme o axeitado en xeral. Pode haber casos illados nos que o seu uso sexa incorrecto ou chegue cun marcador en progreso, neste non o é. ☣Banjo tell me 2 de agosto de 2017 ás 10:43 (UTC)
- O problema é, cando poñer o modelo curto de máis ou o de "en progreso". Claro que este artigo ten que ser ampliado, pero, ten a información básica sobre o tema? Se consideramos tamén a información que hai na ficha si, o artigo ten información abondo para dar unha idea do que trata. Está claro que neste artigo pode engadirse moita máis información, entón poñamos o modelo "en progreso" neste caso.
- E volvo sobre un problema que estou vendo nos artigos da categoría atención, moitos teñen o modelo curto de máis e ó mellor deberían ter o modelo "en progreso", como resolvemos isto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 11:41 (UTC)
- Unha ficha por si mesma non constitúe un artigo enciclopédico, son meros datos estatísticos - WP:NON#INFORMACIÓN. Para repositorio de datos xa está o Wikidata. O modelo en progreso utilízase para bosquexos. Un bosquexo é un artigo básico, que contén unha información en prosa básica que se pode ampliar. Un artigo curto de máis é coma non ter artigo. Unha simple definición non achega nada de información que o google non poida dar dun vistazo. Unha ficha non vai ter datos máis actualizados que wikidata ou que outras bases de datos máis concretas. O artigo dunha enciclopedia debe ofrecer máis ca unha simple definición e unha ficha para chamar a atención do lector. O problema real é a falta de información básica nos artigos, e resólvese traballando neses artigos e ampliándoos un mínimo, non vexo motivo para darlle máis voltas. Se hai dúbidas de ata que punto é axeitado o marcador nun artigo concreto pódese revisar con quen engadise o modelo en cada caso, pero seguirá sendo outra volta do muíño que non soluciona o problema real. Para a maioría deles serei eu o que o engadíu con gran probabilidade. ☣Banjo tell me 2 de agosto de 2017 ás 12:05 (UTC)
- Pois entón se os artigos curtos de máis son como non ter artigos, por que non os borramos? Se nun prazo de 30 días, como teñen as autotraducións, non se amplían, que vaian ó lixo. É que hai artigos como varios de papas ou de dominios de internet que teñen unha ou dúas liñas e levan así anos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 12:49 (UTC)
- Unha ficha por si mesma non constitúe un artigo enciclopédico, son meros datos estatísticos - WP:NON#INFORMACIÓN. Para repositorio de datos xa está o Wikidata. O modelo en progreso utilízase para bosquexos. Un bosquexo é un artigo básico, que contén unha información en prosa básica que se pode ampliar. Un artigo curto de máis é coma non ter artigo. Unha simple definición non achega nada de información que o google non poida dar dun vistazo. Unha ficha non vai ter datos máis actualizados que wikidata ou que outras bases de datos máis concretas. O artigo dunha enciclopedia debe ofrecer máis ca unha simple definición e unha ficha para chamar a atención do lector. O problema real é a falta de información básica nos artigos, e resólvese traballando neses artigos e ampliándoos un mínimo, non vexo motivo para darlle máis voltas. Se hai dúbidas de ata que punto é axeitado o marcador nun artigo concreto pódese revisar con quen engadise o modelo en cada caso, pero seguirá sendo outra volta do muíño que non soluciona o problema real. Para a maioría deles serei eu o que o engadíu con gran probabilidade. ☣Banjo tell me 2 de agosto de 2017 ás 12:05 (UTC)
- O marcador inclúese cando o artigo incumple WP:NON#DICIONARIO. O límite de 2kb quedou coma norma xeral a raíz da conversa con Atobar. O límite de 2kb pode servir de guía, pero un límite numérico non pode seguirse sen máis sen ter en consideración o propio contido do artigo e o contexto do mesmo, como creo que algúns usuarios xa comentaron nesa mensaxe da taberna. Cada artigo ten as súas particularidades, non tódolos modelos nin todo o código wiki ocupa o mesmo espazo, nin hai as mesmas fontes de información para todo. Se nos guiasemos polo tamaño sen máis tódolos artigos sobre lugares de Galicia terían o marcador. Non creo que haxa que poñerse de acordo en nada, o uso que se fixo ata o de agora do modelo paréceme o axeitado en xeral. Pode haber casos illados nos que o seu uso sexa incorrecto ou chegue cun marcador en progreso, neste non o é. ☣Banjo tell me 2 de agosto de 2017 ás 10:43 (UTC)
Se cumpren algúns dos criterios de WP:ER (habitualmente WP:A1 ou WP:A3) poden borrarse, si. Incluír o marcador no lugar de borralo é unha alternativa para darlle unha prórroga en moitos casos, noutros hai un historial significativo a conservar, outros son moi susceptibles de ser recreados nun futuro, outros están moi ligados dende outros artigos... Depende do criterio do administrador de turno, coma sempre. Poñer un límite de días de borrado non serve de moito. Dende hai moito tempo só se veñen borrando sistemáticamente os artigos excesivamente curtos (~200b e dependendo do contexto), co resto sempre se tivo máis tino en xeral. A Galipedia nunca foi moi "delecionista" na súa historia, a reducida forza de traballo da que dispoñemos obriga en moitas ocasións a ter máis paciencia que noutros proxectos irmáns máis grandes en determinadas cuestións de borrado. ☣Banjo tell me 2 de agosto de 2017 ás 13:16 (UTC)