Conversa:Ramones

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non é por tocar os collóns, pero non sería o ideal que o nome fose "Ramone"? É dicir, o nome orixinal é The Ramones, pero en inglés os apelidos, ó referirse a máis dunha persoa, engaden o s. En galego non é así, e os Estévez son os Estévez e os Veloso son os Veloso. Polo tanto, o nome desta banda debe ser "Os Ramone", que é o "apelido" (artístico) de todos eles —o anterior comentario sen asinar foi feito por Mskina (conversacontribucións)

  • Non creo que sexa unha boa idea. Se o nome orixinal, como ben dis, é "The Ramones", para que cambiar nada? Que o nome da banda teña relación cos apelidos non quere dicir nada, é sinxelamente un nome, o nome que teñen. Porque como empecemos por traducir os nomes de grupos musicais... imos ter para discutir un bo cacho. --Beninho 20:01, 10 de abril de 2011 (UTC)

Penso que se debería pór como nome orixinal 'Ramones', xa que o 'The' non forma parte do seu nome como banda.