Conversa:Río Tambre
Aparencia
Engado aquí o resumo de edición dunha edición revertida por non achegar referencias, e que modificou termos que si contaban con elas. Pola súa relevancia penso que debe ser estudado e contrastado, achegando unha fonte adecuada, xa que as fontes orais, polo momento consideraríanse fonte primaria, pero neste momento a base de datos non me vai:
“ | Cambio o nome de "Rego dos Chavielos" por "Rego de Chavielos" e "Rego de Viceso" por "Rego de Viceso ou río Traba". Eu son de Viceso e Chavielos nunca o escoitei con artigo. No tocante ao "rego de Viceso" si hai xente que o chama así, aínda que os máis vellos lle chaman río Traba, nome que ademais coincide coa microtoponimia existente, coma no caso de Ponte Traba | ” |