Conversa:Río Tambre

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Engado aquí o resumo de edición dunha edición revertida por non achegar referencias, e que modificou termos que si contaban con elas. Pola súa relevancia penso que debe ser estudado e contrastado, achegando unha fonte adecuada, xa que as fontes orais, polo momento consideraríanse fonte primaria, pero neste momento a base de datos non me vai:

Cambio o nome de "Rego dos Chavielos" por "Rego de Chavielos" e "Rego de Viceso" por "Rego de Viceso ou río Traba". Eu son de Viceso e Chavielos nunca o escoitei con artigo. No tocante ao "rego de Viceso" si hai xente que o chama así, aínda que os máis vellos lle chaman río Traba, nome que ademais coincide coa microtoponimia existente, coma no caso de Ponte Traba

.-Maria zaos (conversa) 25 de agosto de 2020 ás 16:45 (UTC)[responder]