Conversa:Prebe (Terra Media)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Problema ao engadir referencias[editar a fonte]

Moi boas, hai un anaco que non contribúo en serio na Galipedia e estou un pouco enferruxado. Antes de pórme a editar consultei o artigo https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Citar_as_fontes e tentei copiar a cita para A Irmandade do Anel dende o artigo homónimo, pero ao pegar a referencia, engadindo o número de páxina, sáeme un erro de formato. Se alguén me pode botar unha man agradeceríallo inmensamente. Grazas de antemán. Manudosde (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 10:33 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. @Manudosde Benvido de novo.--MAGHOI (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 10:35 (UTC)[responder]
Moitas grazas! Na segunda cita a páxina sería distinta. Como fago para inserila? Probei a engadir p. 191 dentro do código da cita pero dáme un erro. Manudosde (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 10:43 (UTC)[responder]

Referencia a Tom Bombadil[editar a fonte]

Buscando a orixe da afirmación de que Tom Bombadil chamara "encantadora" á aldea de Prebe non atopei nada nos capítulos d'A Irmandade do Anel. Vexo que a páxina en castelán tamén contén esa afirmación, pero sen referencias. Na páxina en inglés non está, só se fala da alusión de Tom a Prebe, a O Poni Rampante e a Orxeiro Manteiga (páxina 188 da novela en galego). Non sei cal é o modo de proceder nestes casos. Convén eliminar a referencia ou esperar que alguén atope a cita orixinal? Grazas. Manudosde (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 13:25 (UTC)[responder]

Adición de sección O Poni Rampante[editar a fonte]

Incluín esta sección no artigo xeral de Prebe, como na páxina en inglés, porque se cadra é pequena de máis para ter artigo propio. Se non hai inconveniente neste sentido, cómpre modificar as ligazóns xa presentes d'O Poni Rampante para que leven a "Prebe", algo que podería facer eu mesmo. Manudosde (conversa) 12 de outubro de 2022 ás 13:15 (UTC)[responder]

Nome da canción "The Man in the Moon Stayed Up Too Late"[editar a fonte]

Teño localizada a canción en cuestión, pero na novela non se menciona o título, así que traducino eu, baseándome un pouco na versión portuguesa. O que non é seguro é a parte "deitouse moi tarde". "O Home da Lúa" aparece no libro. Manudosde (conversa) 12 de outubro de 2022 ás 17:24 (UTC)[responder]