Conversa:Plátano común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Faltan cousas[editar a fonte]

Sorprendeume ver que non fala do costume española de mutilar estas árbores. Por iso eu puxen un pequeno texto. Referencias, véxase a páxina da wikipedia en castelán e mírese a conversa. Son seres vivos cos mesmos dereitos ca ti. Animalistas, protestemos tamén contra isto. Por riba os concellos chupan do bote para mutilar árbores e que queden esqueletos. Esquwiki (conversa) 21 de outubro de 2016 ás 17:44 (UTC)

Ola Esquwiki. Pode que sexa verdade o que comentas, pero A Wikipedia non é unha fonte primaria, polo que sen as referencias axeitadas o texto que engadiche racha a neutralidade do artigo e vinme obrigado a retiralo. En canto o que comentas de "véxase a páxina da wikipedia", unha wikipedia noutra lingua non é referencia válida para outra wikipedia nunha lingua diferente. Se tes as fontes que indiquen o que comentas, podes engadir o texto nun ton neutral e coas referencias correspondentes. Banjo tell me 21 de outubro de 2016 ás 17:48 (UTC)