Conversa:Pica alpina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Polo que vexo nas Guías de Aves, o nome utilizado acá é de "Pica patinegra montesa", reservando o adxectivo "alpino" (Bisbita alpina) para o nome castelán. Fainos falta unha lista patrón oficial de nomes galegos de aves para que as entradas teñan rigor e coherencia. --Lameiro 18:26, 30 maio 2007 (UTC)

En User:Prevert/paxaros tes unha lista de nomes de aves, na parte de abaixo están as fontes dos nomes. A carón de cada entrada puxen os nomes en maiúsculas, outros en minúscula, outros entre paréntese para indicar que proceden de fontes distintas. Os que están en maiúsculas penso que teñen como orixe a Sociedade Galega de Ornitoloxía. No caso da Pica alpina no momento en que verifiquei a lista das fontes que consultei só estaba nesa. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:55, 30 maio 2007 (UTC)