Conversa:Pedro Sánchez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sen referencias[editar a fonte]

Hai tres anos que o artigo figura encabezado por unha advertencia: o artigo non ten referencias. Non pode ser. É un aviso demasiado xenérico que fai imposible a súa solución, e que debe ser substituído polos avisos pertinentes naqueles puntos concrfetros que precisen referencias. Por este motivo retiro o aviso. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xuño de 2018 ás 17:24 (UTC)[responder]

Permíteme discordar, Pedro: Ese modelo, ou semellante, o empregan más dun cento de Wikipedias, en millóns de artigos, dende hai moitos anos. Aquí, na Wikipedia en galego, o levan máis de 8.000 artigos e denota o maior problema (trala escaseza de editores) do noso proxecto. O mesmo argumento que deches aquí, podería darse para todos eses millóns de artigos. A solución non pasa por simplemente borrar o carteliño. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2018 ás 18:01 (UTC)[responder]
HombreDHojalata Que teñamos 8.000 artigos con esta mesma eiva só nos pode levar a borrar o aviso en todos eles, tras unha revisión coidadosa que non podo facer (non sei como fixeches esa conta, nin se inclúe artigos co aviso ben colocado, esixindo unha referencia concreta). O argumento de ter 8.000 artigos co aviso non nos serve para mantelo neste caso, que me chamou a atención pola evidente actualidade do tema. Detectar ese problema (8.000 artigos) sí que debe levarnos a unha reflexión á hora de chantar ese e outros avisos semellantes. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xuño de 2018 ás 18:20 (UTC)[responder]

Teño a sensación de ter esa reflexión na cachola tódolos días desde que comecei a editar en Wikipedia. Insisto, extrapolar o teu argumento leva indefectiblemente a un cambio radical da forma en que vimos facendo as cousas durante anos e a eliminar o modelo, categorías e mantemento que hai, que é malisimo, pero é o mellor que temos e que empregan milleiros doutros wikipedistas en todo o mundo. É iso o que propós? Porque o que dixeches aquí é de aplicación, de novo insisto, en milleiros de artigos, só aquí, na Galipedia. Cal sería a alternativa? --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2018 ás 18:50 (UTC)[responder]

Non pretendo eliminar os avisos de mantemento, nin moito menos. Pero propoño que se insiran na afirmación concreta para a que se pidan referencias, nunca no cabezallo afectando a todo o artigo. Entendo que estes avisos están pensados para que outro editor veña e corrixa o fallo detectado pero, no caso que nos ocupa, co aviso ó principio do artigo, ¿onde engado referencias? ¿Que afirmación se supón que esixe estar referenciada? ¿Podemos ter un aviso durante tres anos que, tal como está colocado, no ten solución posible? Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xuño de 2018 ás 19:09 (UTC)[responder]
Pedro, comprendo as túas motivacións, pero sigo pensando que é obvio que foi improcedente retirar o aviso e que, se non tes pensado engadir referencia ningunha, deberías repoñelo. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2018 ás 23:41 (UTC)[responder]

Por certo esta é a versión da es.wiki do ano 2015 da que saíu, traducíndoa, a nosa primeira versión. No proceso de tradución, as notas ao pé (daquela xa eran 44), quedaron todas atrás. Non pode ser que moitos dos nosos artigos sexan traducións defectuosas de versións obsoletas doutras linguas. Ese tamén é un tema de reflexión. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xuño de 2018 ás 23:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pedro Sánchez. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 15:38 (UTC)[responder]