Conversa:Pazo do Picón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La información sobre los actuales dueños del Pazo de O Picón es erronea. Antonio María Rey Losada dueño de los Pazos de Portouterio y O Picón legó el Pazo de O Picón a su hijo Juan Rey Raviña (bisabuelo mío) y este legó el pazo a sus hijos Cesar Rey Feijóo y Gonzalo Rey Feijóo (abuelo materno mío y padre de mi madre Mercedes Rey Burillo). Cesar Rey Feijóo adquirió a su hermano Gonzalo la totalidad del pazo en los años 30 del siglo XX. Son los herederos de Cesar Rey Feijóo los actuales propietarios del pazo.

Carlos Rey Raviña, hermano del heredero del pazo del Picón, recibió en herencia el pazo de Portouterio y no el del Picón. --Jmreyrey (conversa) 5 de outubro de 2020 ás 15:59 (UTC)[responder]

Grazas de veras pola información Jmreyrey. O problema das achegas que ofreces é que necesitaría referencias publicadas para corrixir e actualizar o publicado. Isto é debido a que as wikis non son fontes primarias, é dicir, teñen sempre que ter unha referencia pública. Por iso, no artigo escribiuse que se estaba a seguir a obra de Martínez-Barbeito, que, sen quitarlle o seu enorme valor como fonte, contén ás veces bastantes erros. Porén, tampouco é que a bibliografía complementaria o consiga arranxar moito; de feito, adoita ser aínda máis confusa, e moitas veces menos referenciada, que a obra de Martínez-Barbeito. Este, polo menos, baseou a súa redacción en moitas entrevistas persoais e consultas aos arquivos pacegos, aínda que non a todos.
Por iso, tentarei buscar fontes que confirmen todo o que sinalas, se mo permites, para refacer as partes que se ven afectadas. Dáme tempo porque nestas semanas estou con moitas cousas enriba, especialmente persoais. Moitas grazas de veras pola túa colaboración e, se consideras que lle podes meter man ao artigo con esas referencias que eu non fun quen de atopar, por favor, non te cortes. Os artigos son de todos os que teñan que engadir, non dun só redactor. Saúdos e outra vez grazas!--Castelao (conversa) 6 de outubro de 2020 ás 07:37 (UTC)[responder]