Conversa:Pastora Dominga González Viéitez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Está moi ben a entrada pero ten algún pequeno erro. Xosé non era o máis cativo dos 5 irmáns, creo que era o segundo maior, dende logo bastante maior que Óscar e Marcos. As organizacións nas que militou Pastora son correctas pero tal vez sería boa idea incluir Nais Contra a Impunidade, organización que desapareceu un par de anos antes de que ela morrera pero Pastora sempre tivo a ilusión de continuar coa organización aínda que fose ela soa (non puido facelo debido a operación de xeonllo que lle realizaron uns meses antes de morrer)e tamén Fundación Sen Esquencer en Portomouro.

Sempre se dixo que Xosé creceu en Katanga pero en verdade viviu na Agra do Orzán, creo que Pastora me dixo na rúa José Baldomir, en calqueira caso non está moi lonxe de Katanga e son barrios similares, igual non é preciso modificalo.