Conversa:Pasaxe ao Burgo, Elviña, A Coruña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Pasaxe?[editar a fonte]

Chócame o nome de "Pasaxe ao Burgo", nunca ouvira chamarlle así a ese lugar. Cría que se chamaba "A Pasaxe", que ademáis é o nome recollido no mapa de lugares que fixo o ano pasado o concello da Coruña ([1]). Penso que o nome proven de que é o lugar da pasaxe até a outra marxe da ría do Burgo. Por iso me parece raro o nome de "Pasaxe ao Burgo" xa que o lugar non é o dunha pasaxe ao Burgo, que é un lugar que se atopa no concello de Culleredo na mesma marxe da ría que o lugar da Pasaxe. Busquei no nomenclator da Xunta e xa non ven recollido o lugar. Si que aparece no do IGE como "A Pasaxe-O Burgo". Penso que por tanto deberiamos mudar o nome do artigo poñendo en lugar de "Pasaxe ao Burgo", ou ben "A Pasaxe", ou ben "A Pasaxe-O Burgo". Alguén ten máis información para sacarme da dúbida? Caronium (conversa) 7 de agosto de 2017 ás 16:11 (UTC)[responder]