Saltar ao contido

Conversa:Parra virxe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome vernáculo

[editar a fonte]

Ola, Nachonion. Non atopei ningunha referencia a esta planta cos nomes que lle puxeches, de vide ou videira virxe. A simple vista, esa parece unha tradución do castelán que ademais importa un erro (a confusión virxe e Virginia). Se podes achegar algunha referencia de nome vernacular, sería xenial. Senón, eu optaría polo nome científico e, se queres, unha redirección dende unha tradución do inglés (a zona onde é orixinaria esta planta), do tipo: rubideira de Virxinia ou algo así. Pero non como nome principal se nn hai fontes. Estou ao teu dispor para calquera dúbida --Xabier Cid Talk 2 me, please 11:23, 25 de setembro de 2012 (UTC)


Non é unha tradución do castelán. É o nome que comparte con todas as linguas latinas. O termo virxe, non vén de Virxina (aínda que sexa orixinaria dese estado), senón que se refire ao feito de ser unha planta (semellante á videira) pero que non dá froito comestíbel. En Galicia é moi común en xardinaría, e a xente lle chama parra vixen (seguro que do castelán). Con todo, creo que seguindo as normas da Galipedia deberían respectarse os nomes comúns. Se fose unha especie rara...pero sendo tan común darlle o nome científico (ademais moi complicado) non creo que sexa o correcto. En fin...que na miña opinión a Galipedia debería reconsiderar pór os nomes científicos para evitar este tipo de debates. Estou a traballar moito na parte de botánica, e a medida que medran as entradas vaise complicando pór un nome común para todas as especies. Saúdos. Nachonion (conversa) 14:46, 25 de setembro de 2012 (UTC)

  • Como "Parra virgen" hai cantidade de referencias na rede. ¿Por que non vai valernos parra virxe en galego (aínda que non teña referencia ningunha, que eu vexa)? Parra é perfectamente válido en galego. Creo que é moito mellor escolla que Partenocissus.... Pedro --Lameiro (conversa) 17:42, 25 de setembro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! Pedro --Lameiro (conversa) 1 de xullo de 2015 ás 22:52 (UTC)[responder]