Conversa:Parque Nacional de Mu Co Chan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Ola... Vexo que mudastes Co Chan por Co Chang. Se ben non existe ningunha listaxe toponímica que chegue ata tan abaixo no detalle, a norma en galego é que os topónimos orientais rematados en -ng se transcriban con -n. A realidade é que o que están indicando é unha pronuncia velar en inglés que en galego é normal e xeral, é dicir, nós cando escribimos -n xa pronunciamos -ng. Por iso a norma estabelece que debería ser Chan, e non Chang.

Creo por iso que o mellor é facer ao revés, é dicir, meter o artigo por Co Chan, que é a súa denominación máis correcta en galego, e facer a redirección dende Ko Chang (ou Co Chang, que de todo hai quen se trabuque). Como o ves?--Xabier Cid 12:03, 27 xullo 2006 (UTC)

  • Seguindo o comentario anterior, a páxina foi movida a Parque Nacional de Mu Co Chan--Lmbuga Commons - Galipedia 13:48, 27 xullo 2006 (UTC)