Conversa:Paio Gómez de Soutomaior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Non ten moita lóxica que o título deste artigo utilicemos a forma moderna Gómez, sen matizar nada, pero no artigo do seu fillo Sueiro Gomes de Soutomaior empreguemos Gomes (aínda que no corpo do artigo se dea tamén a forma Gómez). Resulta que os dous están soterrados nas ruínas de San Domingos de Pontevedra e véxome obrigado a ligar ó pai Gómez e ó fillo Gomes. Algún experto en historia debería resolver esta incoherencia. Pedro --Lameiro (conversa) 30 de marzo de 2013 ás 22:16 (UTC)

  • Baseándome na referencia do Museo de Pontevedra, que semella autorizada, e que utiliza a forma Suero Gómez para designar o fillo, vou corrixir os nomes aquí e na páxina do fillo. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de xuño de 2013 ás 21:34 (UTC)