Conversa:Pé de hórreo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

No que respecta ás tres referencias que faltan[editar a fonte]

Ola a todos! Poño o que segue aquí para que se saiba o proceso que levoume a completar as 3 referencias que o aviso de "Atención" colocou en xaneiro de 2016. Como non teño a seguridade ao 100% de que sexan as axeitadas, cando menos quero que teñades os datos para reverter o que se considere un erro.

En primeiro lugar, atopamos 3 referencias que remiten a "ef", "imr" e "casa" e que non teñen as correspondencias creadas. Imos ver cada unha delas:

  • "imr" → no artigo Hórreo existe unha referencia igual que remite á obra de Ignacio Martínez Rodríguez (a referencia son as súas iniciais), "El hórreo gallego".
  • "ef" → no artigo Hórreo non existe unha referencia igual, pero si que na bibliografía cítase a un autor cuxas iniciais son precisamente "E.F.", o polaco Eugenius Frankowski, polo que coido que pode tratarse da súa obra "Hórreos y palafitos de la Península Ibérica".
  • "casa" → é o que me ofrece máis dúbidas. No mesmo artigo Hórreo non hai ningún autor nin ningunha referencia homónima, pero si hai un libro titulado "Casa y aldea en Cantabria: un estudio sobre la arquitectura del territorio en los Valles del Saja-Nansa", de Ruiz de la Riva.

Espero que o criterio fose o acertado. Un saúdo--Castelao (conversa) 21 de maio de 2016 ás 06:06 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pé de hórreo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 15:04 (UTC)