Conversa:Os vacalouras

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non creo que o grupo teña a suficiente relevancia como para merecer un artigo. --Beninho 12:50, 31 xullo 2007 (UTC)

  • Discordo Non deixa de ser un grupo galego en cernes, o tempo dirá a onde chegan, o que non se pode é xulgar a súa relevancia desde a Galipedia cando o artigo cumpre cos criterios de obxectividade. --Alma 14:13, 31 xullo 2007 (UTC)

Eu creo que ao non ter un traballo lanzado, nen sequera na rede, un artigo é excesivo. De todos xeitos podemos deixalo aver que pasa, sempre se pode retirar máis adiante. O que non estou de acordo é con inzar os estilos musicais con creacións dos propios grupos. Seguro que pataca'n roll está contido en punk en rock e en experimental.

--Zumbi

  • Unha IP que fai un artigo sobre un grupo dun instituto que non ten nada gravado e é absolutamente descoñecido, semella posible vanagloria ademais de irrelevante, se dentro de dous días o grupo chega a ter relevancia faise o artigo pero agora non creo que deba permanecer xa que a Galipedia (e a wikipedia en xeral) non pode axudar a facer relevante un grupo ou persoa, só reflectir as que xa o sexan.--Alex 16:45, 31 xullo 2007 (UTC)

O grupo, ten pouca relevancia pero si que a ten. O artigo non fai mal a ninguen, e para a xente que quere saber cousas do grupo serve de axuda, que precisamente esa e a funcion da wikipedia, poder axudar á xente a coñecer datos do que lle interesa. Ainda que non os coñece moita xente, pode que se acheguen as 500 persoas, polo que vin nos mapas do seu myspace e polo que sei de meu curmán, o cal os viu no instituto e quedo alucinado, xa que me dixo que ata habia xente que coñecia as cancions. Se entrades podedes escoitar algunhas gravacions caseiras do grupo, das cales so unha está grabada coa formación completa, e se ledes o artigo veredes como din que estiveron nun estudo de grabacion e que a cancion grabada vai sair nun CD.

- Penso que o de pataca'n'roll e o nome que lle dan ó punk rock experimental, engloba ós tres estilos e así non teñen que andarse con tanto nome de estilo e todo iso. Non hai porque borrar o artigo, porque non atenta contra ninguen, simplemente fala dun grupo coñecido por unhas cantas persoas, e que algun dia pode que chegue a algo

  • Non digo que o artigo atente contra ninguén, sinxelamente penso que non ten relevancia ningunha como para merecer un artigo. O MySpace non creo que sexa un bo indicador para este tipo de cousas, de feito, de guiármonos polas visitas desa páxina deberiamos crear antes os artigos doutras 200 ou 300 (tirando cara abaixo) bandas galegas que poderían chegar a algo e teñen canción propias gravadas en estudio ou cunha calidade semellante. E estou totalmente dacordo con Alex; faiseme un pouco sospeitoso a creación do artigo por unha IP cuxas únicas colaboracións foron aquí. --Beninho 11:44, 14 agosto 2007 (UTC)

-WIKIPEDIA = ENCICLOPEDIA LIBRE, iso significa que pode haber artigos de todo o que existe, sexa mais ou menos relevante. Para saber como é de relevante deberiamos ir a Teis e preguntarlle ós mozos a ver cantos escoitaron falar do grupo

  • Non se pode facer un artigo de todo o que existe, a min tamén me escoitaron máis de 500 persoas no meu instituto e noutros sitios cantar e non teño relevancia para merecer un artigo.--André 20:38, 5 setembro 2007 (UTC)
  • Estou de acordo, pero porque non llo preguntamos ao Moderador?