Conversa:Olmo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No apartado etimoloxía indícase como invalidación de umeiro que esa é unha forma dialectal propia de Asturias como se iso fose invalidante, pero se case todas as formas empregadas para as árbores foron algunha vez formas dialectais (cun ámbito maior ou menor), que ben polo uso literario ben pola elección de dicionarios, academias, etc. acabaron escollidas como formas normativas, é o caso de xabaril forma normativa que segundo o dicionario da Academia é unha forma máis recomendable ca xabarín, a pesar de en Galicia só se empregar nalgúns puntos do leste de Lugo pero é a forma máis empregada no galego de Asturias, pódese ver Do Ortegal ó Douro e de Fisterra ó Navia e ó Padornelo. Notas sobre o léxico moderno da Gallaecia e do seu litoral na páxina 152 e nota 6 desa páxina en Dialectoloxía e léxico. A RAG está no seu dereito de incorporar formas características do galego de Asturias como formas do galego común.--Sernostri (conversa) 30 de setembro de 2013 ás 18:19 (UTC)[responder]

Pois si que lin ben mal o artigo, se umeiro é amieiro no galego de Asturias e non se rexistra como olmo en ningún punto do dominio lingüístico, supoño que habería que lle mandar un correo ao DRAG para que corrixan ou ratifiquen a súa posición.--Sernostri (conversa) 30 de setembro de 2013 ás 18:31 (UTC)[responder]
  • A RAG terá que aclarar se "umeiro" é unha variante do galego de Asturias para "amieiro". Entretanto dado que no DRAG a forma principal é "olmo" e esta denominación, ademais de non ser ambigua, ten outras referencias autorizadas penso que convén usala. Hai que mover por tanto esta páxina e as das distintas especies a "olmo" ou ao nome científico "Ulmus".

Marcio (conversa) 12 de xuño de 2016 ás 14:21 (UTC)[responder]

Nome vulgar[editar a fonte]

É moi triste que unha lingua como o galego non teña definido un nome vulgar para este xénero de árbores. O problema é que case están extinguidos na nosa terra. Cando fixen o artigo, este, como tanto, tratei de dar unha coherencia, e evitar que no artigo aparezan múltiples nomes común (como tristemente agora pasa). Ademais aparece o nome Ulmus (sen cursiva) como entrada, que é un disparate. E volvemos a coller o nome máis documentado, o coincidente co castelán...:olmo, e non ulmeiro, que é unha forma referenciada, coincidente en portugués e máis acorde cos nomes das árbores en Galicia...coido que estaba ben explicado no artigo a propia problemática do nome....e realmente é a ineficiente RAG a que ten a culpa.Nachonion (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:45 (UTC)[responder]


  • Non o vexo así. "Olmo" "Olmo" é unha forma documentada, avalada polo DRAG e preferente no Vocabulario forestal da USC. E ademáis é ben galega. Coincide co castelán, si, pero tamén é forma común no portugués como se pode ver mesmo na listaxe de sinónimos dados na wiki portuguesa. Concretamente era forma común propia do norte de Portugal, zona que conserva formas máis antigas ( e polo tanto máis coincidentes co galego ) respecto ao portugués estándar de base lisboeta, máis innovador. Ulmeiro é polo contrario forma propia do portugués meridional. Tanto é así que mesmo o reintegracionismo ( que non creo que sexa sospeito de promover castelanismos ) recolle "olmo" no Dicionário Estraviz e a Comissom Lingüística da AGAL escolle tal vocábulo na súa norma lexical como forma preferente para a variedade galega, contrapoñéndoa a "ulmeiro", a estándar para as variedades lusa e brasileira.

http://www.estraviz.org/olmo

Comissom Lingüística da AGAL(2012):"O modelo lexical galego", Através Editora, p.208.

Todo sería máis sinxelo, claro, se a RAG se pronunciase sobre este e outros temas escollendo formas estándar para o galego e non dando listaxes de sinónimos sen priorizar nada. A ver se é posible algunha vez. Marcio (conversa) 1 de setembro de 2016 ás 23:21 (UTC)[responder]

No volume VI do Atlas Lingüístico do galego consta tamén "umeiro" como un dos nomes dialectais que recibe o amieiro. http://ilg.usc.es/indices/?m=2036

Marcio (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 16:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Olmo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 21:03 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Olmo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2019 ás 03:06 (UTC)[responder]