Conversa:Ocimum basilicum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

¿Cal é a fonte para atribuí-lo nome común asubiote ó Ocimum basilicum?. Eu sempre coñecín esta planta como alfábega (port. alfavaca, cast. albahaca) pero hei recoñecer que non teño máis fontes que unha publicación miña, que non me vale como referencia; incluso é posible que esa forma, alfábega, sexa tamén castelán. Ademais, no Gran Xerais, alfábega remite a nébeda, que non ten nada que ver co Ocimum basilicum. Si que atopo máis fontes que atribúen asubiote ó Silene alba, e que o faga a Nomenclatura Vernácula Galega, feita por especialistas, paréceme suficientemente crible (máis có Gran Xerais, feito por homes de letras). Non me meto coas outras especies porque non teño información. En conclusión, que a falta doutra fonte que o confirme, este artigo debería titularse polo nome científico (non me atrevo a propoñer alfábega como entrada), e deixar asubiote para o futuro artigo sobre a Silene alba. Pedro --Lameiro (conversa) 11:50, 27 xuño 2009 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

Na páxina 19 de Termos básicos de botánica do SNL da Universidade de Santiago de Compostela recolle:

albaca f
Pl. agrícolas herbáceas. Medicinais e aromáticas
SIN.- alfábega
NC Ocymum basilicum
ES albahaca
EN basil; sweet basil

No Gran Dicionario Século21 da Lingua Galega recolle:

asubiote f. Planta anual da familia das labiadas (Ocimum basilicum),...

No Xerais:

asubiote (de asubiar) s.m. ...
2. Planta perenne pertencente á familia das cariofiláceas (Silene latifolia),...
3. Planta da familia das umbelíferas (Conium maculatum).....

Semella máis fiable a publicación da USC por ser unha publicación especializada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:33, 27 xuño 2009 (UTC)

  • Parece apropiado mover esta páxina a albaca (aínda que xa sei que esta forma non a recolle o VOLGA, pero tampouco recolle asubiote), seguindo o criterio dos termos esenciais de botánica da USC (feita por especialistas en botánica). Os dicionarios galegos (Xerais e Galaxia) contradinse, ou iso parece en principio. --Xoán Carlos Fraga 11:33, 19 de maio de 2011 (UTC)
  • Non me parece apropiado poñer como nome da páxina un nome como asubiote que ten sinonimia con outras especies de plantas (como o propio artigo di). Iso crea confusión (por iso son tan importantes os nomes científicos). Máis aínda se hai outros nomes máis comúns para a especie. Calquera dos outros me parece mellor que asubiote.--Miguelferig (conversa) 17 de xaneiro de 2015 ás 21:05 (UTC)
  • Concordo con todo o dito anteriormente e engado que no DRAG tamén se identifica o subiote coa Silene latifolia. O mesmo di o Dicionario de galego Ir indo. O erro do Gran dicionario Século 21 pode vir do feito de que en castelán esta planta coñécese entre outros nomes como "ALBAHACA montesina". Ver http://www.redjaen.es/francis/?m=c&o=3197

Mais nada ten que ver co Ocymum basilicum. Ademais como se pode ver no Dicionario de dicionarios o nome de "asubiote" provén do feito de que se empregaban as flores para facer asubíos, algo que parece máis posible coa flor da Silene latifolia que coa da Ocymum basilicum. Por tanto cómpre crear unha páxina para subiote/asubiote = Silene latifolia e outra para Ocymum basilicum = alfábega/alfabaca/albaca. Marcio (conversa) 10 de xuño de 2016 ás 21:14 (UTC)