Conversa:Obesidade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O segundo parágrafo ("Coas facilidades da vida moderna, como ascensores, ...") é máis que discutible e simplifica demasiado as razóns da falta de exercicio físico, do gasto enerxético e, sobre todo, dos cambios no que o autor chama "padrón alimentario" (padrón que nunca existíu) e que supoño que quere referirse ós cambios nos hábitos alimentarios, que non se deben, salvo moi tanxencialmente, ás comidas rápidas e ós alimentos conxelados (que non "pre-conxelados").

O apartado “Insatisfacción co peso corporal” é realmente confuso e un non acaba de entender cando se trata dunha obesidade obxectiva e cando dunha apreciación subxectiva.

Dúas frases son especialmente pouco comprensibles:

  • "A importancia da mesma leva a que a persoa se prece consigo". Non se sabe se "a mesma" é "a imaxe corporal" ou a "vida saudábel", nin entendo que é iso de que "se prece consigo".
  • "Esta imaxe corporal reflicte como vemos e o que vemos no mundo".

E outra dúas máis abaixo que tampouco entendo:

  • "A referencia a comportamentos perante a insatisfacción co peso corporal pode tender a ..."
  • "... por ser unha condición causante de morbidade ou doenza...". ¿Existirá a palabra "morbidade"?

Non me atrevo a cambiar estes textos (por agora). Prefiro que o autor ou alguén queb saiba máis ca min de medicina o faga. Pedro. --Lameiro 22:31, 7 xuño 2007 (UTC)