Conversa:OU-536

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O troco de denominación realizouse en 2002 ou en 2003? Datos contraditorios no mesmo artigo.--Xabier Cid 09:42, 4 setembro 2007 (UTC)


DENOMINACIÓN NOVA[editar a fonte]

Xa o aclarei agora. Foi realizado en xaneiro de 2003. A iniciativa do Ministerio de Fomento (baixo as ordes de Fco. Álvarez-Cascos, Enxeñeiro de Camiños) é de 2002; e a CPTOPeV decidiu aproveitala para redenominar as súas estradas tamén en 2002. Deste xeito, acondicionou moitas das súas estradas á Lei de Estradas de Galicia de 1994, diferenciando claramente entre as da Rede Primaria Básica, Complementaria e Rede Secundaria (hitos kilométricos con identificación amarela sobre orla azul). Deste xeito, as diferentes estradas eran denominadas en función do recorrido pola provincia en cuestión, xa que a denominación comarcal, semellaba anticuada. En España, non queda ningún vial co nome de comarcal (denominación de 1941). Todos estes viais levan o indicativo da provincia, cabildo ou consello insular, ou o da comunidade autónoma en cuestión. En Galicia, se optou polas iniciais da provincia en cuestión. Para rematar, a única comarcal (con ese nome) que queda en Galicia é a C-546, pertencente ó Ministerio de Fomento, e que une Monforte con Ourense (a estrada "vella"). .--Santiago Vieites

O lugar de "Casetas do Rodicio" figura na sinalización de entrada a poboación como tal, non como "A Caseta". Por iso foi incluido deste modo. .--Santiago Vieites

Opinión sobre a sinalización e As Casetas[editar a fonte]

Ola, Santiago. Dunha banda, retirei a afirmación de que a sinalización é "moi deficiente". Non é que non estea de acordo contigo, que o podo estar; é que a Galipedia non pode asumir opinións senón feitos comprobables e verificables. Se eu che dixese que non é verdade, que ten sinais abondas, ti qué me dirías? Pois ou me entregarías un informe de seguridade vial, ou me dirías que o ratio de sinais por km é inferior ao estándar europeo, ou chegaríamos á conclusión de que son opinións distintas e que non é verificable. Por iso o retiro, porque non se deben recoller opinións na Galipedia.

Con respecto ás Casetas, máis sorprendido quedei eu ao ver que o nome con que eu coñecera ese lugar de toda a vida (nacín en Ourense), non é o oficial. Pero o certo é que o oficial é A Caseta, conforme se pode consultar no Nomenclátor que ten publicado a Xunta.

Con respecto aos trocos globais, xa cho comento na páxina de usuario... --Xabier Cid 00:28, 5 setembro 2007 (UTC)

¿Poderíades camabiar a cor de OU-536 a negro, na cartela do incio? É a forma contemplada pola Consellería de Política Territorial. Gracias de antemán.

  • Tentareino, non son precisamente un lince con isto das templates... ;) --Xabier Cid 11:09, 5 setembro 2007 (UTC)