Conversa:Nel blu dipinto di blu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coma no título da canción e comiñas nos títulos das cancións[editar a fonte]

Ola! O título da canción si ten coma: [1], [2], [3]

E as comiñas recomendadas son as angulares (creo): [4]

Grazas! Gato con patas /Wiki Eurovision Heart (Infobox).svg/ Conversa, 16 de agosto de 2019 ás 04:33 (UTC)Responder[responder]

Na primeira versión da canción si aparecía unha coma: [5] "Sottolineo la virgola finale perché cambia tutto il senso. Ancora oggi mi chiedono se la virgola c' è o non c' è.". Agora ben, como se di na referencia que achego esa era a primeira versión; parece que en versións posteriores non aparece esa coma.--HacheDous=0 (conversa) 16 de agosto de 2019 ás 07:50 (UTC)Responder[responder]
Entón, que sería máis correcto: «Nel blu, dipinto di blu» o «Nel blu dipinto di blu»? Face-glasses.svg E alguén sabe se a páxina que recomenda o uso de comiñas angulares é fiable? Grazas. Gato con patas /Wiki Eurovision Heart (Infobox).svg/ Conversa, 16 de agosto de 2019 ás 09:28 (UTC)Responder[responder]
Eu movín á páxina ao título sen coma porque é como aparece nas demais Wikipedias. Non sei se servirá de axuda, pero lendo o artigo en italiano, aparece "Nel blu dipinto di blu" cando fala da canción e Nel blu, dipinto di blu/Mariti in città cando se refire ao EP no que apareceu no que apareceu en 1958.
En canto ás comiñas, non vin no libro de estilo unha especificación sobre cales empregar. Buscando artigos de cancións as que aparecen son as comiñas inglesas (A Rianxeira, Get off of My Cloud, Song 2...), pero parece que non hai unha decisión sobre o uso.--Jglamela (conversa) 16 de agosto de 2019 ás 10:50 (UTC)Responder[responder]
Eu prefiro non basearme noutras Wikipedias, pois un erro nun artigo dunha Wikipedia pode estenderse ás demais se estas fan o mesmo. Face-sad.svg O mesmo penso das comiñas: na Wikipedia en castelán, por exemplo, a maioría dos artigos empregan, erroneamente, as comiñas inglesas ("") e non as angulares («»), que son as correctas na lingua castelá. [6] Gato con patas /Wiki Eurovision Heart (Infobox).svg/ Conversa, 16 de agosto de 2019 ás 17:45 (UTC)Responder[responder]
Por agora, eu usarei as comiñas angulares, xa que é o que recomenda o Manual de Estilo DOG e tamén o que recomenda o artigo Comiñas. Gato con patas /Wiki Eurovision Heart (Infobox).svg/ Conversa, 19 de agosto de 2019 ás 04:08 (UTC)Responder[responder]