Conversa:Nazismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Anque o nazismo se poida tildar de aberrante, creo que non é correcto adxetivar así esta palabra nun artigo enciclopédico. Anque pensemos de que isto é bo ou isto é malo, non deberíamos de deixar constancia delo nunha enciclopedia. --O Tin 10:30, 10 xuño 2006 (UTC)

  • Xa o eliminei, os adxectivos calificativos só se deben empregar dando fontes.--Rocastelo(fálame aquí) 10:53, 10 xuño 2006 (UTC)
  • A sintaxe do 2º parágrafo, por pouco habitual e polos esquemas repetitivos, faime difícil a comprensión. É unha sintaxe probablemente correcta, pero complicada para unha enciclopedia. Convén redactar doutro xeito o texto. Agora non podo facelo.--Lmbuga Commons - Galipedia 07:38, 16 xuño 2006 (UTC)

Textos incomprensibles[editar a fonte]

O segundo parágrafo ó que fai mención Lmbuga é inintelixible. E leva así 8 anos: A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando á existencia, desde aínda antes da toma do poder por Hitler, dunha resistencia comunista e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha economía de guerra e pola abordaxe a aquilo a que os nazis chamaban o "problema xudeu".

Pero hai máis cousas así, como esta frase: As nacións máis débiles, para os nazis, son aquelas creadas por razas impuras, mulatas, porque teñen culturas divididas, briguentas e, polo tanto, débiles. ¿Que significa briguentas?

Unha raza mestra podía, polo tanto, de acordo coa doutrina nazi, endereitarse facilmente pola eliminación das "razas parasitas" da súa patria. ¿Que significa -aquí- 'endereitarse?

Todos estes obxectivos pretendían contrariar aquilo que era visto como os defectos da República de Weimar e para fortalecer o apoio doméstico ao partido. Nisto, os nazis foron bastante ben sucedidos. ¿que é bastante ben sucedidos?

Estas presións económicas, combinadas coa máquina de guerra cuada durante a expansión. ¿que é iso de cuada?

Pedro --Lameiro (conversa) 12 de marzo de 2015 ás 23:53 (UTC)