Conversa:Néboa seca

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En proceso. Nun intre engado referencias e máis contido --DarkraiWeb (conversa) 15 de marzo de 2022 ás 20:31 (UTC)[responder]

Cambiar o nome a "calixe"[editar a fonte]

Estase a usar calixe de forma recurrente nestes días para se referir a o fenómeno que está ocorrendo agora. Por qué non o cambiamos? É máis común. Garrote20 (conversa) 16 de marzo de 2022 ás 19:44 (UTC)[responder]

Calixe é sinónimo de néboa segundo a RAG. Podemos falar de néboa seca ou calixe seca, pero non de calixe a soas. Breogan2008 (conversa) 16 de marzo de 2022 ás 21:34 (UTC)[responder]
Está sendo máis usada calixe (a secas) que para se referir a isto. Poderia chamarse a secas calixe e logo engadir na introducción ista info. Eiquí un par de exemplos do uso de calixe para referise as nubes de pó. https://twitter.com/G24Noticias/status/1504122301083799559?s=20&t=WzqYJY9Akmf-ZKtAk0Iaqw https://twitter.com/jmprofemates/status/1503867946355105795?s=20&t=WzqYJY9Akmf-ZKtAk0Iaqw https://twitter.com/InteresaIsto/status/1503809121459609600?s=20&t=WzqYJY9Akmf-ZKtAk0Iaqw https://digalego.xunta.gal/gl/termo/11698/calixe Garrote20 (conversa) 17 de marzo de 2022 ás 15:13 (UTC)[responder]
Síntoo dicir, pero a TVG non é referente ningún na utilización do galego, podemos sentir nela a presentadores empregar formas como vente, trenta e outras variedades/barbaridades, os presentadores len e como os números aparecen en cifras é cando se ve claramente o nulo dominio que algúns, resalto algúns, teñen da lingua que están a empregar, e o que se chíe en twitter xa nin o comento, onde hai de todo e sería como poñer de referente unha conversa do bar da esquina. O do digalego xa é para ter en conta; habería que saber que formas aparecen en obras de referencia especializadas (vocabularios de xeografía por exemplo).--HacheDous=0 (conversa) 17 de marzo de 2022 ás 15:20 (UTC)[responder]
Podese xustificar mesmo ca RAG. que a considera sinonimo case perfecto de neboa, inda que non é. Na entrada de neboa di: "Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade" é dicir relaciona neboa con humidade mentres que calixe refirese mais a escuridade que provoca a pó no ar. Pareceme máis acertada a entrada de DIGALEGO: ''Opacidade na atmosfera producida por partículas de voaxa, sal ou fume, que diminúen a visibilidade'' Coido que neboa se relaciona mais con humidade e calixe mais con escuridade seca, creo que sería procedente cambialo a "calixe" ou polo menos "calixe sexa". Garrote20 (conversa) 17 de marzo de 2022 ás 15:34 (UTC)[responder]
Nin o digalego nin o DRAG son dicionarios especializados; os lexicógrafos saben de lingua pero non necesariamente de xeografía, bioloxía, astronomía... polo que é un pouco arriscado andar a procurar nas definicións nestes casos; para iso están os vocabularios especializados e as obras técnicas e aí sería onde habería que procurar as referencias definitivas, e ata agora non as hai, o dígocho eu é un programa moi útil pero non é unha autoridade lingüística nin está feito por especialistas en xeografía. Sería diferente se no DRAG aparecese expresamente néboa seca, calixe seca ou simplemente calixe tamén como o que se define neste artigo pero non o fai e, xa que logo, hai que buscar outras referencias.--HacheDous=0 (conversa) 17 de marzo de 2022 ás 15:40 (UTC)[responder]
A ver, a referencia que hai para "neboa seca" é a mesma. Non sei por que se lle da preferencia cuando polo menos o digalego si que se decanta máis por calixe. Garrote20 (conversa) 21 de marzo de 2022 ás 18:51 (UTC)[responder]