Conversa:Muralla de Lugo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúbidas[editar a fonte]

Trala lectura do artigo xúrdenme catro dúbidas:

  • Na introdución dicimos que "o 30 de novembro de 2000 a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade". na web www.lugoturismo.com (que o artigo dá como referencia) di que foi o 2 de decembro.
  • Tamén dicimos que "A área que circunscribe é de 34,4 hectáreas". Nesa mesma web falan de 334.000 m2 (=33,4 hectáreas).
    • Máis adiante, no artigo, utilízase a forma "espazo interior de 0,34 km2".
  • Tampouco cadra o número de torres: "En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 ..., tiñan unha función defensiva. As outras 16 torres foron reconstruídas total ou parcialmente". Se eran 85 e se conservan 71, perdéronse 14, non 16. E non entendo que se quere dicir co termo reconstruídas.
  • Na sección Materiais dicimos que "As lousas forman o armazón exterior da muralla". "Armazón" non vale en galego (non a recolle o VOLGa), pero non sei cal sería o equivalente.
  • Na sección "As Torres" habería que explicar, en nota a rodapé, qué é iso de "armas defensivas como béstas, onagris ou escorpións".

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:58, 6 agosto 2009 (UTC)

  • Na propia páxina da Unesco [1] figura a data do 30 de novembro. Na Historia de Galicia de Ramon Villares fala de 85 ou 86, parece que non se sabe de certo o número exacto, mirei en varias fontes e en ningunha coincide exactamente a superficie interior, hai que coller unha fonte que consideremos de confianza. A muralla foi parcialmente reconstruída varias veces [2], mesmo en 1921 derrubaron unha das torres. Mira outra vez, armazón si figura no VOLGa acabo de miralo.--RNC 15:37, 6 agosto 2009 (UTC)
    • Corrixín as hectáreas empregando a referencia que dis. Quizais fora un erro tipográfico, de tódolos xeitos se alguén atopa algunha fonte que diga 34,4 hectáreas que o diga. --Alberte Si, dígame? 22:38, 7 agosto 2009 (UTC)
      • Corrixo incongruencia sobre o número de torres e elimino esas 16 que sobraban. Engado referencia de que eran 85 e hoxe quedan 71, sen máis. Pedro --Lameiro (conversa) 23:09, 30 setembro 2009 (UTC)

Coido que hai un erro, que eu notara, aínda que son nova por aquí e cometa eu moitos máis: Ao falar da historia, na primeira frase, enténdese que os romanos comezaron a construcción da muralla no mesmo ano que se fundou a cidade de lugo, pero a cidade e moito anterior (do século I aproximadamente). Correxídeme se me equivoco.--Jackirtash 20:54, 9 decembro 2009 (UTC)

  • Tes toda a razón, creo que non queda moi claro tal como está redactado agora mesmo. Podes tentar corrixilo, ou senón xa o tengo arranxar eu. Un saúdo.--Adorian (fálame) 21:13, 9 decembro 2009 (UTC)

¿Cardo (rúa)?[editar a fonte]

Nas recentes edicións sobre as poternas dise da de Recastelo: "Esta poterna comunicaba un [[cardo (rúa)|cardo]] da cidade e o barrio sur fóra das murallas". ¿Que é iso dunha rúa cardo? Pedro --Lameiro (conversa) 21:32, 21 de xuño de 2010 (UTC)

As cidades romanas ordenábanse seguindo unha retícula ortogonal paralela a dúas rúas principais, o cardus e o decumanus, en cuxa intersección se situaba o foro e os edificios públicos. Polo que eu sei de Lugo, o trazado orixinal do viario romano non se conservou na idade media, ao contrario do que se aprecia noutras cidades de orixe romana. Só se pode adiviñar o seu trazado a través de achados arqueolóxicos. Non sei se era isto o que preguntabas. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 21:53, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Caixa de información[editar a fonte]

Na caixa de información deste artigo podese ler: "Rexión: Europa e América do Norte". Non comprendo por que pon o de América cando está falando da ubicación da muralla. --83.61.129.15 10:48, 16 de setembro de 2012 (UTC)

  • Corrixido. Grazas pola observación. Pedro --Lameiro (conversa) 11:18, 16 de setembro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Muralla de Lugo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 03:47 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Muralla de Lugo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de agosto de 2019 ás 03:10 (UTC)[responder]