Conversa:Mosteiro de Santa María de Aciveiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Lansbricae, vas conseguir que vaia coñece-lo mosteiro este. Mentres tanto, repasa esta frase: "Na noite do 7 de novembro do ano 1649 queimou gran parte do mosteiro incluindo a totalidade da biblioteca. Só o Tombo Grande dos documentos relativos ao mosteiro perdéronse". Pedro --Lameiro 23:18, 28 xuño 2007 (UTC)

Grazas. Teño que durmir mais. Lansbricae (Ti dirás) 07:53, 29 xuño 2007 (UTC)


  • O apartado de descrición ten erros que deben ser correxidos, a causa a falta de fontes. Consultando máis fontes pódese amañar, pero neste momento ten erros que farían chegar ao lector datos erróneos. Para arranxalos unha vía podería ser a obra "Arquitectura Románica en Pontevedra", da Fundación Barrié de la Maza, onde o autor difire en moitos análises da fonte usada para este artigo. Lansbricae (Ti dirás) 20:20, 30 agosto 2007 (UTC)

Comentarios ó autor[editar a fonte]

No artigo hai varias expresións confusas ou que un lector non especializado, coma min, non vai entender, polo que propoño ó autor do artigo que as revise e complete.

  • Situación: "Está situado a carón da estrada de ventas de Narón a Folgoso"
    • Supoño que será Vendas de Narón pero ¿unha estrada desde esta aldea a Folgoso? RE:Estrada, como camiño pavimentado podería valer (se soubese da pavimentación, que é bastante posible xa que os romanos traballaron por eses lares) pero mellor usado camiño, o de Ventas, foi castelanización da fonte e o que lle falte sexa: o "antigo" camiño/estrada. Por desgraza ainda hoxe en día se queres ir desde Pontevedra a Lugo o camiño máis corto é por esa estrada (tirar cara a Ourense, e antes de Soutelo de Montes meterse a esquerda cara a Cachafeiro e Forcarei, unha ruta do demo). Corrixo logo Ventas e engado antigo.
  • Encomendas: "obtiveron a restitución de tódolos bens"
    • Utilizas noutras dúas ocasións a forma "todas as terras" e "todos os poderes", polo que creo que deberías cambiar este "tódolos bens", por coherencia. RE:Nesto non entendo moito o da coerencia. Tiñan propiedades e dereitos, e ademais tiñan xurisdición sobre persoas de determinados lugares. O termo bens ou patrimonio incluiría deste xeito ambos, terras e dereitos, e xurisdición. De todas formas quitei o "tódolos bens", xa que nese caso non semella necesario
  • Incorporación á congregación de Castela: "pechou o colexio sendo trasladado a Salamanca e La Espina"
    • Cómpre explicar que é ese "La Espina". RE:Monasterio de la Santa Espina, Valladolid.
  • Incorporación á congregación de Castela: "catedrático de bísperas na mesma universidade".
    • ¿Que é iso de "catedrático de bísperas" RE: Semella un despropósito. Non sei de onde o saquei, en todo caso supoño que sería de Vésperas. Naquela época clasificábanse en Catedráticos de Prima, Catedrático de "vésperas"?, numerarios... Descoñezo a estrutura xerárquica, tentarei procurar información, pero levarame algo de tempo.
  • Descrición: A igrexa: "Descoñécese a data de inicio das obras"
    • Na sección anterior (Incorporación...) dis que Iniciáronse as obras pola fachada da igrexa no ano 1586". RE: Correxin algo, o que se coñece é o inicio das obras dos departamentos monásticos, e estas reformas só afectaron á igrexa na súa fachada. Non sei se a redación segue a levar a equívoco, bótalle un ollo.
  • Ábsidas: "As ábsidas laterais son semicirculares cara ao exterior e en pentágono irregular ao exterior"
    • Nun dos dous casos ten que ser "cara ao interior". RE::( Jeje, o Poligonal
  • Ábsidas: "semellanzas coa igrexa bernarda de Penamor"
    • ¿Igrexa bernarda?.RE: De San Bernardo de Claraval, equivalente a cistercense.
  • Ábsidas: "cinco tramos separados por columnas entregas"
    • ¿Columnas entregas? RE: Fixen unha nota ao pe a falta de artigo sobre columna (arquitectura), cando se faga sobraría a nota.
  • Ábsidas: "Encada un unha ventá de arco semicircular e arquivolta sobre un par de columnas"
    • Falta ou sobra texto, non sei. RE: Faltaba, espero que agora se entenda.
  • Fachda: "A fachada do templo foi totalmente refeita non conservando nada da súa fábrica románica" e "unha antiga imaxe da Virxe co neno no regazo"
    • Vexo que "refeita" e "regazo" constan no VOLGa pero a primeira sóame moi mal (reconstruída, transformada, modificada) e para a segunda temos ese galeguísimo "no colo". RE: No colo gústame máis si, e refeita soa mal si, pero nesto creo que entra moito á man do corrector que tamén se ten que atrever co estilo cando é deficiente, as correcións ligüísticas na miña opinión teñen que ser máis que correcións ortográficas. Entendo que moitos non entren por medo a ferir susceptibilidades pero deberiamos desfacernos dese medo (boeno eu non que non estou para correxir a nadie). Deixoo nas túas mans o facer o cambio.
  • Capela e retablo maior: "Un arco formeiro moldurado dá acceso a esta capela"

Un saúdo, Lans. Pedro --Lameiro (conversa) 18:38, 26 novembro 2007 (UTC)

Marquei en negriña as miñas respostas para aclararme por onde vou. Tentei aclarar e correxir o que me sinalaches. Vótalle un ollo que quizais o esté enliando máis. Queda por definir Catedrático de vésperas para o que tentarei informarme máis (ainda que non é un tema que me apasione, pero despois de que leras o tocho enteiro débome ao meu lector).

Bromas aparte, como comecei o artigo tentei amañar o choio, pero dos artigos autores somos todos, ti un deles. Espero as túas observacións e continúo na procura. Saúdos.Lansbricae (Ti dirás) 21:24, 26 novembro 2007 (UTC)