Saltar ao contido

Conversa:Minaría

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Unha solución posíbel é traer o contido de mina cara a este, reformalo unha miguiña e redireccionar mina a minaría.--Atobar (conversa comigo) 14:33, 10 maio 2009 (UTC)

Despois da face-las últimas correccións dinme de conta que quizais esteamos partindo dun erro de concepto, seguramente a consecuencia da primeira redacción. Consultei o DRAG, a EGU e mailo Xerais e a primeira acepción é nos tres casos o propio depósito de minerais, e en segundo a excavanción subterránea para extraelo. Logo veñen outras acepcións que non nos interesan agora (quizais si cando se faga a páxina de homónimos). Sempre pensei que a mina era só a excavación (un depósito dun mineral calquera non se convertía en mina ata que non se excavaba); tamén son minas despois da súa explotación (abandonadas, pero minas igual). Os depósitos superficiais, de pedra, como tal, son canteiras pero nunca escoitei que se lle chamaran minas, senón canteiras (aínda así, a súa explotación sí que entra na minería). Pero o certo é que o DRAG e o Xerais admiten como mina as explotacións por pozos, galerías ou a ceo aberto. Para rematar ¿denomínanse minas os pozos de petróleo? Vamos, un mar de dúbidas. Pedro --Lameiro (conversa) 18:19, 10 maio 2009 (UTC)

  • Pasado un tempo, algún editor novo que poda achegar información? Fusionamos? --Atobar (conversa comigo) 02:45, 19 xaneiro 2010 (UTC)