Conversa:MicroARN

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ARN / RNA[editar a fonte]

A tradición en diversos países como Galicia, España, Francia ou Portugal é escribir xeralmente ARN, ADN. Porén, o símbolo oficial destas moléculas é RNA, DNA, que é o utilizado sempre en moitos países (non só de fala inglesa). Hai moitos tipos de ARN e dalgúns, os máis comúns e coñecidos, xa hai unhas siglas ben asentadas e moi usadas e recoñecidas por todos, como ARNm, ARNr ou ARNt (en vez de mRNA, rRNA e tRNA), pero hai outros menos comúns nos que a sigla traducida practicamente non se utiliza, como por exemplo siRNA (small interfering RNA ou ARN interferente pequeno) ou snoRNA (small nucleolar RNA, ARN nucleolar pequeno) e outros nos que non están tan ben establecidas as siglas traducidas nin son tan coñecidas nin usadas. Terían que ser ARNip ou ARNnop, pero non se ven utilizadas por aí. Estes ARN son de coñecemento máis especializado, polo que aparecen en textos científicos case sempre, mentres que os outros son moi comúns e aparecen na vida diaria, medios de comunicación ou libros elementais (ADN, ARNm, etc.). Na Galipedia as siglas máis usadas para estes ácidos nucleicos coñecidos (ADN, ARNt, etc.) son as traducidas. A wikipedia, en principio, non pretende ser unha obra moi especializada senón dirixida ao público xeral (iso favorecería ao uso de ADN, ARN...), pero por outro lado trata todo tipo de temas, algúns dos cales son temas científicos (ou doutros campos) punteiros e ás veces, inevitablemente pola súa natureza, tecnicamente complicados e preténdese que teña sempre unha corrección científica e precisión terminolóxica ; eses temas complicados, en xeral, non lles interesan tanto ao público xeral, senón a un sector do público con interese (e xeralmente algúns coñecementos) nun campo especializado, polo que non habería problema en usar tRNA, siRNA, etc. Por outra parte, eu mesmo, por exemplo, que non son físico nin sei gran cousa de física, podo ter interese en saber o que é o bosón de Higgs, polo que tamén quero que usen unha terminoloxía accesible. O difícil ás veces é atopar o punto de equilibrio.

O problema preséntase neste caso cando nunha páxina como esta e noutras que tratan sobre a interferencia de ARN hai que usar conxuntamente as siglas de todos eles. Para facer esta páxina (e noutras sobre este tipo de temas) utilicei á vez ADN, ARNm, etc., xunto con siRNA ou RNAi, etc., o cal non deixa de ser unha contradición da que son perfectamente consciente. Podería arranxarse poñendo todos como DNA, mRNA, etc., que neste caso quizais é a mellor solución. Polo momento non me atrevín a facelo, pero quizais haxa que facelo no futuro. Non sei que opinades.--Miguelferig (conversa) 20 de abril de 2013 ás 17:19 (UTC)[responder]

MicroARN[editar a fonte]

Outra distinción que hai, penso, que facer é que microARN é unha soa palabra. É dicir, neste sentido non é o mesmo microRNA que ribosomal RNA, porque microRNA en inglés, onde se acuñou o termo, é unha soa palabra (escrita xunta), xa que micro aí é un prefixo, que hai que traducir por microARN, mentres que que ribosomal RNA en inglés, son dúas palabras, escritas separadas, porque ribosomal funciona como adxectivo, e hai que traducilo cambiando a orde das palabras como ARN ribosómico. Microorganism traduciriamolo por microorganismo e non por organismo micro, e do mesmo modo microRNA tradúcese por microARN e non por ARN micro. Facéndoo así a sigla sería miARN mellor que ARNmi. En resumo, nesta palabra micro é un prefixo, non un adxectivo, polo que debe permanecer ao principio da palabra.--Miguelferig (conversa) 10 de setembro de 2016 ás 17:43 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 9 ligazóns externas en MicroARN. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de marzo de 2019 ás 18:48 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en MicroARN. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de maio de 2019 ás 14:14 (UTC)[responder]