Conversa:Mary Quintero

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mary Quintero a primeira galega en abrir un estudio fotográfico co seu nome?[editar a fonte]

Bos días. Incluín un aviso para solicitar referencia á afirmación de que Mary Quintero foi a primeira muller en contar cun estudio fotográfico co seu nome en Galicia. Antes dela acho que houbo moitas outras. Por citar algunhas, temos a María Cardarelly (nada en Zaragoza, pero que viviu a meirande parte da súa vida en Galicia e, polo tanto, cabe considerala galega), Juana Cabello (nada en Zaragoza, mais falecida en Santiago), Antonia Santos (mindoniense) e Filomena Díaz (tamén mindoniense) son as que o fixeron xa no século XIX. Velaí están os seus cartóns fotográficos como testemuño disto. Xa non falo doutras que, por desgraza, non puideron empregar o seu nome (caso de Cándida Otero) ou, aínda tendo a responsabilidade do seu propio estudio, puxéronlle outro nome comercial. Sobre algunhas delas pódense consultar datos tanto na obra en liña de Fernanda Padín (Fotógrafas Pioneiras) como a que eu teño publicada (a última, un artigo en Sermos Galiza hai un ano sobre as fotógrafas galegas históricas titulado "O efecto Matilda na fotografía galega"). Non sei quen puido dicir que Mary Quintero foi a primeira e gustaríame sabelo para entender concretamente a que se refire, porque talvez se me estea a escapar algo. Saúdos e bo traballo--Castelao (conversa) 19 de xaneiro de 2021 ás 09:53 (UTC)[responder]

Boas. Na nota nº 16 incluída como referencia do artigo di: "Primeira muller que expuxo fotografía nunha sala galega, primeira profesional que abriu un estudio co seu nome, pioneira no uso da cor e as técnicas de retoque (...)" https://www.farodevigo.es/sociedad/2015/10/24/mary-quintero-entra-estela-fotografos-16787820.html

aqui tamén se di o mesmo: https://galego.farodevigo.es/sociedad/2013/07/24/lugo-50-vivia-vigo-parecia-17401500.html. Por buscar unha explicación... Será que as outras que comentas non abriron os estudios co seu nome? CoroRP (conversa) 19 de xaneiro de 2021 ás 11:25 (UTC)[responder]

En canto a ligazón externa que engadiches de Padín Ogando, xa está incluida como referencia na nota nº 7
Saúdos e grazas CoroRP (conversa) 19 de xaneiro de 2021 ás 10:18 (UTC)[responder]
Grazas pola resposta, porén é o que me temía: o autor comete un erro de vulto facendo unha afirmación así. Non, Mary Quintero non foi nin moito menos a primeira muller (nin sequera a primeira nada en Galiza) en poñer un estudio ou gabinete fotográfico ao seu nome, como teño adiantado. Ben é certo que os dous artigos do Faro de Vigo son algo antigos (2013 e 2015), e témome que se retroalimentan o un do outro. Pero, o estado actual do estudo da fotografía en Galiza di algo ben distinto. Mesmo sorpréndeme que os xornalistas de entón do Faro de Vigo non indagasen un pouco máis, porque Cardarelly e outras fotógrafas eran xa algo coñecidas, aínda que só fose porque aquela retratara a Rosalía de Castro.
Pregúntasme se acaso é que as outras non o fixeron ao seu nome e, tal como xa escribín no meu primeiro comentario, non é así: «están os seus cartóns fotográfico como testemuño disto». Baste botar unha ollada á páxina Fotógrafas pioneiras (no que se poden ver os cartóns de Santos e Díaz, entre outras), ao meu libro As orixes da fotografía en Galicia (onde trato as figuras de Cardarelly e Cabello, con imaxes tamén dos seus cartóns), ao artigo María Cardarelly, un lóstrego na fotografía galega (onde tamén figuran cartóns de Cardarelly e fago unha relación de fotógrafas pioneiras en España) e ao artigo O efecto Matilda na fotografía galega (onde figura unha listaxe cos nomes de todas as mulleres que tiveron estudio fotográfico co seu propio nome ao longo do século XIX en Galicia, que, se non lembro mal, son nove en total, con imaxes dos seus cartóns cos seus nomes neles, que eran os nomes dos seus negocios). Tamén no meu libro aporto outra documentación (incluso legal) sobre a existencia dos seus estudios.
Que terrible foi precisamente para estas pioneiras abrir os seus negocios con nome de muller. Caso paradigmático é o de Juana Cabello, que despois de ter que pechar o seu estudio que levaba o seu nome por falta de clientes, volveu a abrir uns meses despois poñéndolle o nome do seu fillo de oito anos porque era o dun varón. Todo isto está explicado nas fontes que acabo de detallar. Estamos a falar dos anos 1884-1885, é dicir, case medio século antes de ter nacido Mary Quintero, aínda que María Cardarelly abriu o seu xa no ano 1864.
Coido polo tanto que cómpre eliminar esa afirmación por non ser correcta, á luz das documentadas referencias que acabo de relacionar, se o achas ben así.
Grazas polo traballo CoroRP. É un artigo moi completo e cumpría que Quintero tivese xa unha entrada na Galipedia. A seguir e saúdos!--Castelao (conversa) 19 de xaneiro de 2021 ás 12:14 (UTC)[responder]
@Castelao, Non te podo discutir o tema porque eu simplemente puxen o que lein pero non teño nin idea se é verdade ou non. En todo caso, elimino ese parágrafo e asi non metemos a pata. Grazas e un saúdo CoroRP (conversa) 19 de xaneiro de 2021 ás 12:22 (UTC)[responder]