Conversa:María Cardarelly

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bibliografía, referencias e fallas[editar a fonte]

Boas tardes,

Grazas pola edición, que non iniciei eu para evitar a autoedición. Porén, falta a referencia á biografía máis completa publicada ata o de agora, que está publicada desde febreiro ou marzo deste ano na Fundación Rosalía de Castro e que non poño eu por ser tamén un artigo meu. Entendo que, dada a entidade da publicación, debería estar nun apartado de Bibliografía. Aínda así, o vindeiro ano publicarei probablemente outro traballo que recollerá as últimas achegas sobre a fotógrafa.

Por outra banda, aínda que a meirande parte da súa vida transcorreu en Galicia, ela é zaragozana de nacemento, tal como recollo tanto no artigo de Sermos como no publicado na FRC. Eu son partidario de considerar ás persoas por onde pacen e non por onde nacen, pero non sei cal é o criterio da Galipedia neste sentido.

Un saúdo e bo traballo--Castelao (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 20:57 (UTC)[responder]

Bos días. No artigo hai varios erros e fallas. Por exemplo, as cidades nas que María residiu, porque semella que só viviu en Santiago. Por favor, basta con ler con atención tanto o artigo de Sermos, que é un resumo do estudo completo titulado María Cardarelly, un lostrego na fotografía galega, que é o que foi publicado en marzo deste ano na FRC. Saúdos!--Castelao (conversa) 21 de decembro de 2017 ás 07:45 (UTC)[responder]

Castelao, por favor, mételle man ti mesmo: As fontes publicadas por un mesmo procedentes de expertos pódense considerar acreditadas cando están producidas por un experto establecido na materia do artigo e cuxo traballo no campo relevante está editado anteriormente en publicacións de terceiros (Wikipedia:Verificabilidade#Fontes_publicadas_por_un_mesmo). Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2017 ás 08:37 (UTC)[responder]