Conversa:Manuel García Diéguez
García Diéguez, médico?
[editar a fonte]Bos días. Na nova redacción que fixen deste artigo retirei unha das afirmacións que incluí na súa primeira escritura, isto é: que Manuel García Diéguez foi médico-director do chamado Balneario de Vilaza ou de Requeixo (Aguas de Vilaza, en Monterrei). Estaba baseado nunha nova recollida por dous xornais na mesma data, o 15 de xuño de 1905, no El Correo de Galicia e no La Correspondencia Gallega. O texto para os dous é o mesmo:
Ha sido nombrado médico director del balneario de Villaza D. Manuel García Diéguez.
Deste Manuel García Diéguez médico non hai nunca outra referencia xornalística, o que é moi estraño. Tampouco encaixa co perfil do militar. Ademais, no blog Diario dun médico de guarda afírmase que o único médico que tivo este fugaz balneario foi Juan Manuel Espada Montaos. É todo moi raro e, por precaución, decidín retirar o antedito, a falla de atopar máis probas. --Castelao (conversa) 5 de maio de 2020 ás 09:23 (UTC)
- Con motivo do primeiro aniversario da súa morte, La Noche publicou o 27 de agosto de 1963, p. 8, unha Necrología[1] na que se afirma: "Estaba en posesión de la Licenciatura de Medicina". Xas (conversa) 5 de maio de 2020 ás 09:54 (UTC)