Conversa:Lois Peña Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

--Nãom 17:51, 6 maio 2009 (UTC)A parte de pensamento non é pra nada neutral, só hai que ver puntos coma:

Untitled[editar a fonte]

Galicia nación, que aspira á autonomía integral, a converterse nun estado dentro da República Federal Española. O seu soporte económico-social é un campesiñado dono das súas terras, organizado en cooperativas e con acceso fácil ao crédito para mellorar a agricultura e a gandería que, xunto coas industrias de transformación, co aproveitamento forestal, a pesca e as industrias derivadas, e a explotación mineral, debían constituír os piares básicos da súa estrutura económica. Negación-oposición ao vello e opresor Estado Español, representado emblematicamente por Castela que, coa súa forma dexenerada representación política -o caciquismo- e o seu sistema arancelario proteccionista, impide o desenvolvemento da nación galega nos seus aspectos políticos e económicos. Integración con Portugal, nación que formara noutrora unha unidade con Galicia, ben puidera ter sido "a Gran Potencia Atlántica, máis forte que Inglaterra", de non impoñérselle a Galicia, cando xa remataba o século XV, a "unidade feita polos Reis Católicos". Analoxía por afinidade ética con Irlanda, que por aqueles anos independizouse da Gran Bretaña, e por afinidade política con Cataluña e Euskadi, que loitaban fronte ao mesmo inimigo, o Estado Español.

Está claro que hai que referenciar que ese era o seu pensamento, pero se veradadeiramente o é, non hai posibilidade de de neutralizalo. Se na súa opinión Galiza é unha nación non podemos pór que é unha comunidade autónoma. Se el opinaba que o estado español é opresor non podemos dici-lo contrario, porque estariamos falseando o seu pensamento. O que queda, entón´, é referenciar que ese era o seu pensamento (habería que pescudar en xornais da época). Un saúdo. Alberte Si, dígame? 18:04, 6 maio 2009 (UTC)
  • A wikipedia non é un foro, o pensamento de Peña Novo non ten que ser neutral nin moito menos. Se pensas que esas ideas non se corresponden coas ideas de Peña Novo achega fontes, caso contrario abrir esta conversa para dicir que non che gustan é absurdo e rozan o vandalismo.--RNC 18:12, 6 maio 2009 (UTC)