Conversa:Lista de refráns

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Gostaria de comentar um par de qüestions sobre esta página. Considero que se escolhérom muitos refráns que nom som mais umha traduiçom literal dos equivalentes em castelhano. Que nom se sinta ofendido ninguém, pero nunca ouvim cousa tal como A cabalo regalado, no lle mires o dente, ou Non é ouro todo o que reloce. Com trabalhos como este só conseguiríamos deixar ao galego como umha variante dialectal do castelhano. E penso que, além de ser umha aberraçom, é algo que nom pensa nengum dos que colaboram neste projecto. Pessoalmente, preferiria que se basea-se o trabalho, por ejemplo, em compilaçons como a de Xesús Ferro Ruibal, Refraneiro Galego Máis Frecuente, que eu tenho através da colecçom Biblioteca Galega 120, concretamente o número 119. Neste livro olhamos muitos dos refráns que realmente som galegos, nom traduiçons. Porém, se nom for suficiente, sempre quedam trabalhos como os da AGAL, com o seu Dicionário de Fraseologia. Se alguém nom gostar da normativa utilizada sempre pode usar a da RAG, pero as frasses seguirám a ser as mesmas. Nom convirtamos o galego num dialecto do castelhano. Deica outra.

Agremon Paréceme un comentario adecuado. Nembargantes, coido que se queira ou non , moitos son usados así, e deberan manterse. Outra cousa é engadir máis (e mellores), e animo a introducilos. // Despois das notas anteriores, houbo variacións a saco sen asinar, variando refráns por non consideralos axeitados, 'importados' do castelán, e metendo en troques outros que está na en:wiki como galegos (traducidos). Por favor, que o faga que se rexistre, que creo que hai fallos, e tamén cambios nos pareceres ortográficos que considero gratuítos (cambiar bó por bon, por exemplo), e dígoo sen ser ningún especialista. Por eso, en caso contrario, voltarei a incluír os refráns calificados de 'castrapo' sinxelamente porque son usados, e a lingua evoluciona.--Agremon 08:34, 9 Oct 2004 (UTC)

Sería convinte o dar unha lixeira explicación do significado de moitos dos postos. Alguén se atreve?--Agremon 07:20, 15 Nov 2004 (UTC)

Neste artigo hai refráns traducidos ao inglés. Tres cousas: por unha parte o inglés é penoso, agramatical e, nalgúns casos, incomprensíbel literalmente. Por outra, as traducións literais non explican o significado dos refráns. Finalmente, non vexo por que se teñen que pór aqui traducidos para inglés. Propoño eliminar eses textos en inglés. Xosé (✉) 12:46, 18 setembro 2006 (UTC)


Non creo necesario, nin conveniente, explica-los refráns salvo excepcións moi contadas (que pedirían explicar algunha voz, non realmente o refrán).

Tampouco vexo lóxico "traducir" ó inglés, pero si sería interesante da-lo equivalente noutras linguas.

¿Engadir máis? ¿Ata cantos? Se botamos máns das coleccións paremiolóxicas publicadas poderiamos chegar sen problemas a 100.000 refráns diferentes.

¿Credes interesante incluír tamén a fonte que o recolleu? (Zamora Mosquera, Eladio Rodríguez, Clodio González, Vázquez Saco, Ferro Ruibal, etc., etc.)

--Lameiro 15:36, 24 febreiro 2007 (UTC)

mover a wikiquote[editar a fonte]

O contido deste artigo non estaría mellor no Galicitas? Por certo, ¿hai algún marcador "Proposta para mover a wikiquote"? Saudos Miguel.lima 15:55, 24 marzo 2008 (UTC)

  • Concordo, tamén estou de acordo co que di Lameiro na intervención anterior.--Arco de Rayne 16:24, 24 marzo 2008 (UTC)