Conversa:Deuses celtas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Lista de deuses celtas»)

Untitled[editar a fonte]

  • Creo que as listas na galipedia traen as palabras cunha breve descrición, polo que eu quitaría as informacións de Balar (crearíase o artigo), Morrigan (ídem) e de Lug (xa está creado o artigo e bastante amplo, miraríase se serve a información para completalo máis). Despois coa lista, cada un pode ver a historia de cada deus/a. --Xoán Carlos Fraga 10:31, 24 marzo 2010 (UTC)
Concordo con XCF, peso que no momento que o artigo deixa de ser unha simple lista podería renomearte por Deuses celtas ou similar. --HombreDHojalata conversa 08:49, 25 marzo 2010 (UTC).
Na miña opinión, mellor que "lista de..." debería nomearse Deuses celtas, e non ser unha mera listaxe, senón incluír unha breve descrición dos deuses, a desenvolver en cadanseu artigo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:40, 30 marzo 2010 (UTC)
  • Pois é outra opción válida. Entón, propoño dous artigos: Lista de deuses celtas (só a lista) e Deuses celtas (artigo cos principais deuses -ou todos- e unha breve descrición). Máis habería que mover o historial das edicións. --Xoán Carlos Fraga 15:00, 30 marzo 2010 (UTC)
  • Ollo!:
  1. Se quedan dous artigos, cadanseu debe de ter a súa propia páxina de conversa, e esta pertence a Lista de deuses celtas.
  2. Agora hai que decidir se o Modelo:Mitoloxía celta segue apuntando cara a Lista de deuses celtas ou hai que mudalo cara a Deuses celtas, ou debe ligar cos dous artigos...

--HombreDHojalata conversa 11:57, 31 marzo 2010 (UTC)

  • Isto non se fai así, o historial do artigo Lista de deuses celtas desapareceu! --HombreDHojalata conversa 12:02, 31 marzo 2010 (UTC)
    • Dáme a impresión de que os artigos tipo "Lista de..." foron un primeiro paso histórico da Galipedia para ter presentes conceptos que habería que desenvolver nun futuro. De feito, solápanse coas categorías. Neste caso, gústame máis a idea dun artigo Deuses celtas coa relación de todos eles, na liña do que dixo Estevo, desde o que se ligaría a cadanseu artigo propio. Deste xeito, o artigo orixinal, Lista de deuses celtas, perde todo sentido e debería desaparecer. Pedro --Lameiro (conversa) 12:12, 31 marzo 2010 (UTC)