Conversa:Linguaxe informática

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguaxe informática - Linguaxe de programación[editar a fonte]

Creo que linguaxe informática e un termo incorrecto, non existen referencias en ningunha publicación e non ten sentido pode referirse a xerga empregada en informática, deberiamos empregar linguaxe de programación que é o termo aceptado por toda a comunidade.

Earelin 07:09, 23 febreiro 2006 (UTC)

  • Estás confundido. Unha linguaxe informática é unha linguaxe empregada por, ou asociada con, ordenadores, mentras que unha linguaxe de programación é empregada para expresa-las instruccións que teñen que ser executadas nun computador. Aínda que a miúdo ambos termos son empregados como sinónimos NON o son. Por exemplo, o HTML é unha linguaxe informática pero non é unha linguaxe de programación. No artigo en inglés está algo mellor explicado. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 08:10, 23 febreiro 2006 (UTC)