Linguaxe informática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O termo linguaxe informática ou linguaxe de computador inclúe toda a ampla variedade de linguaxes usadas para comunicarse cos computadores. É unha extensión do termo máis específico (e tamén máis común) de linguaxe de programación.

As linguaxes de programación son polo tanto un subconxunto das linguaxes informáticas, o mesmo que outros tipos de linguaxes. Por exemplo, o HTML é unha linguaxe de marcas e unha linguaxe informática, mais non se considera normalmente unha linguaxe de programación. O código máquina é tamén unha linguaxe informática, e pode teoricamente ser usado como linguaxe de programación, e de feito foino (por exemplo o bootstrapper orixinal para o BASIC Altair), aínda que a maioría non o consideraría unha linguaxe de programación.

As linguaxes informáticas poden dividirse en dous grupos: linguaxes de alto nivel e linguaxes de baixo nivel. As linguaxes de alto nivel diséñanse para seren máis doadas de usar, máis abstractas, e máis potábeis que as de baixo nivel. Os programas, sendo correctos sintaticamente, nalgunhas linguaxes son compilados para unha linguaxe de nivel baixo e executados polo computador. A maioría de software moderno está escrito nunha linguaxe de alto nivel, é compilado para código obxecto, e traducido entón en instrucións da máquina.

As linguaxes informáticas poden tamén agruparse en base a outros criterios. Así, poden clasificarse segundo sexan linguaxes lexíbeis para os humanos ou non lexíbeis. As linguaxes lexíbeis para os humanos son utilizadas para a comunicación home-computador, mentres que as non lexíbeis por humanos (aínda que parcialmente comprensíbeis) diséñanse para seren máis compactas e facilmente procesadas, sacrificando a lexibilidade a favor destes fins.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Entre as linguaxes informáticas inclúense:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]