Conversa:Lingua punjabi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Untitled[editar a fonte]

Penso que debería ser lingua penxabí. --Alberte (Si, dígame?) 13:59, 20 setembro 2008 (UTC)

(Transliteración:Pañjābī) Propoño lingua penxabí, panxabí, punxabí... do Punxabe (Punjab), aínda que a pronuncia da iota é máis parecido a un ll (\dy\) polo que tamén existen máis solucións. --83.165.42.54 15:52, 20 febreiro 2009 (UTC)

  • O dicionario Ir Indo trae como formas correctas punjabi ou panjabi.--RNC 16:20, 20 febreiro 2009 (UTC)

O nome correcto desta lingua en galego sería ou debe ser: panxabés ou panxabiano.

O nome natural da rexión onde se fala esta lingua é o Panjāb, que literalmente se traduce por "(país) das cinco augas" , isto é "(país) dos cinco ríos". A adaptación ao galego consistería en mudar o son do j polo son máis axeitado na nosa lingua, e este é o que usamos xeralmente para o x. Polo tanto teremos PANXAB.

Para formar o xentilicio, debemos usar o cultismo latino -iano ou -és (pois non existe unha tradición de uso deste xentilicio asiático. Polo tanto temos PANXABIANO ou PANXABÉS.

Por qué non usar o prefixo ?. Ei-la explicación:

A Real Academia da Lingua Galega e o Instituto da Lingua Galega cometen un erro ao incluir o sufixo coma propio da lingua galega, e non é así, pois aceptar isto sería admitir un castelanismo supino coma a catedral de Santiago. O sufixo é de orixe árabe e este entra a formar parte dos sufixos do castelán, para formar xentilicios (que polo xeral se aplica a países de relixión musulmana o veciños destes).

Este sufixo, para os amantes de fusionar o galego co portugués (e sego sen comprender por qué hai que mirar sempre cara Lisboa, cando o podemos facer tamén cara o este),non existe coma tal na lingua de Camões; por exemplo. (Atención! O sufixo existe en portugués coma sufixo de orixe tupí-guaraní (e así o escribo eu tamén), coma se recolle no Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa, ou Michaelis Moderno Dicionário da Língua Portuguesa, da Editora Melhoramentos).

Este mesmo sufixo non existe tampouco en catalán (ollo!, falo de sufixo -í para formación dos xentilicios, non confundir).

Este mesmo sufixo, por exemplo tampouco se usa en aragonés, e de momento a Academia da Fabla Aragonesa, non o admite.

Máis perto de nós está a lingua asturiana (de quen deberíamos mirar como traballan), que tampouco acepta este sufixo como propio do asturiano, segundo se pode recoller na súa gramática.

Se, por unha banda, este sufixo non existe na lingua portuguesa, nin a Academia de la Llingua Asturiana o admite como propio, e por outra banda tampouco existen coma propios na lingua aragonesa nin na lingua catalana, como é que si pode ser considerado coma propio do galego? A non ser, claro está, que se admita ESTE CASTELANISMO COMA UNHA INCORPORACIÓN AO GALEGO, isto é, coma un EMPRÉSTIMO DO CASTELÁN. ?¿ ... Persoalmente non o teño moi claro que isto poda ser así.

Existen na actualidade varias gramáticas galegas. Na gramática de Real Academia da Lingua Galega, non se fai mención a este sufixo, nas gramáticas das editoriais "Ir Indo" ou "Xerais" tampouco se recolle. Na gramática da editora "Sotelo Branco" si o recolle, pero non da ningunha explicación. E na gramática da editora "Galaxia", a autora di que: "úsase para formar os xentilicios dos países árabes", e pon coma exemplo: marroquí, iraquí, pasquistaní... (que se saiba, os paquistanianos son falantes de linguas indoeuropeos (agás os brahús, que son dravídicos) e non árabes). Ademáis, non dicimos: israelianos, iranianos, alxerianos, tuniciano, ...

Creo que o correcto é usar o cultismo de orixe latina -iano ou -ino, ou calquera dos que temos de orixe latina (coas súas correspondentes formas), e non usar o sufixo de orixe árabe .


Roberto Garate, Compostela 26 de abril de 2009 (Un galego indoiraniólogo).

As wikipedias móvense por referencias externas, non fan traballos de investigación propia, e se como dis a RAG e o ILG aceptan o sufixo i, sexa por erro ou non, nós en principio tamén temos que admitilo, se consideras que é incorrecto non é a Galipedia a quen tes que dirixirte, é a RAG ou o ILG, a nós non nos tes que convencer.--RNC 17:50, 27 maio 2009 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Alguén saberá dalgunha referencia para poñer correctamente o nome desta lingua? Sabedes algo disto, Norrin strange ou HacheDous=0? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2015 ás 09:34 (UTC)

Sobre a rexión do Punjab, a Diciopedia emprega Punxab, que penso que é a forma que deberíamos empregar. E de ahí, entendo que punxabí. Saúdos! --Norrin (Fálame) 9 de novembro de 2015 ás 15:19 (UTC)
Tamén o "Lingua galega. Dúbidas Lingüísticas" da UVigo da "Punxab". --Norrin (Fálame) 9 de novembro de 2015 ás 15:40 (UTC)
Pois xa temos choio... :(, grazas Norrin! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 18:03 (UTC)