Saltar ao contido

Conversa:León Colosal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Deberiades revisar este artigo e incluir as citas necesarias. Non sei de onde sae o do peso das 30 toneladas. Dase por sentado que ese León é orixinal cando é unha réplica sen parecido co orixinal que se coloca en 1997. A cita do neto hai que collela con pinzas. O león non está armado, entendéndose isto que teña un armazón metálico, de feito nos anos que estivo destrozado podía verse partido en dous e co interior ao aire.

MMariñas (conversa) 7 de xullo de 2024 ás 08:02 (UTC)[responder]

Boas MMariñas! Grazas polas túas achegas ao artigo. Sobre a inclusión das citas, o artigo que creei estaba 100% referenciado, o dato que indicas das 30 toneladas está referenciado na referencia número 1, una nova de La Voz de Galicia do día 25 de maio de 2000, é certo que a cifra semella desorbitada, pero é a que atopei polo momento (o artigo non está finalizado e vou incluíndo información a medida que vou atopando cousas mentres edito o artigo do parque). A cita do neto, por suposto, hai que tomala con pinzas, o que non quere dicir que non teña relevancia. Penso que as túas achegas son moi valiosas, agradeceríache se puideras engadir as referencias ás fontes que consultaches e se tes imaxes antigas que poidas subir, tanto do león como do parque en si. Un saúdo e grazas! Piquito (conversa) 7 de xullo de 2024 ás 15:31 (UTC)[responder]
Ola! As imaxes que temos no Arquivo Municipal de Betanzos podes atopalas tamén no blog do Parque do Pasatempo e de aí podense usar as que queirades. MMariñas (conversa) 8 de xullo de 2024 ás 07:59 (UTC)[responder]