Conversa:Lánidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

₢Os picanzos son laniidae, pero todos os laniidae son picanzos? Dígoo porque o artigo se titula laniidae pero fala dos picanzos e dos laniidae indistintamente. Xoacas(Góstache o pemento?) 12:46, 22 marzo 2010 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

Até onde chegan os meus coñecementos, si. Tamén en portugués todos os Laniidae son picanços, e en español, alcaudones. En francés non todos; son pies-griéches as especies pertencentes ao xénero Lanius, que son a maioría (29); os do xénero Eurocephalus (2 sp.) son eurocéphales, e os dos xéneros Corvinelle (1 sp.) e Urolestes (sionónimo de Corvinella para algúns autores, 1 sp.) son corvinelles. En inglés, todos son shrike, agás uns poucos que son fiscal. --XoioÉche o que hai 11:47, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Título da páxina[editar a fonte]

Ao meu entender, a correcta adaptación do latín científico Laniidae é laníidos, de querermos conservar a prosodia latina. Por outra parte (e de maior importancia) suxiro que o título deberíase cambiar polo nome científico Laniidae, entre outras cousas porque picanzos son só as tres especies da familia presentes en Galicia. --XoioÉche o que hai 11:51, 24 de setembro de 2012 (UTC)