Conversa:Jolly Roger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Ese nome é o que recibe no mundo anglosaxón pero penso que en galego, nas novelas cando menos, o que se utiliza é bandeira pirata ou pavillón pirata--Cheluco 22:04, 12 de outubro de 2010 (UTC)

  • Penso que o uso do nome de Jolly Roger é internacional e non só anglosaxón (no meu caso particular sempre empreguei e teño lido Jolly Roger, mais non lembro agora algunha referencia en galego por desgraza, pero repito é o meu caso particular). De tódolos xeitos se hai consenso por min non hai problema en cambiar a pavillón pirata.--Adorian (fálame) 22:17, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Máis importante que o nome: no texto dase como referencia a David Hatcher Childress pero pódese ver en en:David Hatcher Childress que non ten ningún título e que o típico que escribe sobre cidades perdidas ou sobre os templarios ou sobre arqueoloxía extraterrestre sen base científica. Adorian por favor revisa o escrito--Cheluco 22:20, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Fareino, a verdade esa parte traducina, pero despois de relela non me convence (estaba mirando precisamente iso que dis, sintoo debería telo feito antes). Penso que cómpre borrala directamente e a ver se atopo bibliografía sobre o tema.--Adorian (fálame) 22:34, 12 de outubro de 2010 (UTC)

En calquera caso tampouco ten moito sentido perder o tempo buscando a orixe dunha das moitas variantes desta bandeira, como se fose máis válida que as demais. No fondo o denominador común a todas elas é o campo plano e o motivo que dunha ou outra forma ten relación coa morte. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:48, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Pois logo se tal eliminamos a sección. De tódolos xeitos vou buscar bibliografía para ampliar o artigo.--Adorian (fálame) 20:27, 13 de outubro de 2010 (UTC)