Jolly Roger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A tradicional Jolly Roger.

Jolly Roger é o nome dado a calquera das diferentes bandeiras que se izaban para identificar tripulación dun barco pirata. A máis comunmente identificada como a Jolly Roger é a da caveira e os ósos, un pavillón composto por un cranio humano enriba dun par de ósos cruzados en forma de "x" sobre un campo negro. Este deseño foi utilizado por diversos piratas, incluídos os Capitáns Edward England e John Taylor. Algunhas bandeiras Jolly Roger tamén incluían un reloxo de area, un símbolo común de representación da morte durante os séculos XVII e XVIII en Europa.

A pesar da súa preeminencia na cultura popular, as bandeiras máis comúns utilizadas polos piratas durante os séculos XVII e XVIII consistían tan só nun pano negro. Historicamente, a bandeira foi izada polos piratas para amedrentar ás súas vítimas para se entregar sen loita, xa que transmitía a mensaxe de eran bandidos que non se consideraban vinculados ás regras usuais de inclusión e podían, polo tanto, abater aos derrotados. A mesma mensaxe foi transmitida, ás veces, cunha bandeira vermella.

Uso[editar | editar a fonte]

A primeira vista, pode parecer unha mala idea advertir das intencións izando a Jolly Roger. Con todo, isto pode ser visto como unha forma de guerra psicolóxica. O interese principal dun pirata é capturar o barco obxectivo intacto, xunto con calquera carga que puidese conter. Cunha reputación o suficientemente sanguinaria, un pirata que lanzase ao vento a Jolly Roger podería intimidar a tripulación inimiga e obrigala a renderse sen disparar nin un só canón. Tipicamente, se un barco decidía resistirse, a Jolly Roger era recollida e alzábase a bandeira vermella, indicando que os piratas ían tomar o barco pola forza e sen mostrar ningunha compaixón. Esperábase en moitas tripulacións que este curso da acción podería axudar a estender a idea de que resistirse era unha mala idea para o barco.

Izar a Jolly Roger demasiado pronto como única bandeira tiña tamén as súas desvantaxes. O barco inimigo podería ter suficiente tempo para escapar. Ademais, as naves de guerra estaban a miúdo baixo ordes de disparar a calquera barco que mostrase esta bandeira.

Galería de Jolly Roger[editar | editar a fonte]

Na seguinte galería amósanse diferentes deseños da Jolly Roger, figurando ao pé o nome do pirata que a utilizaba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]