Conversa:Islam

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Estou en desacordo co nome do artigo, o Islam e o islamismo non son exactamente o mesmo nen na nosa língua nen nas do noso entorno:
Islam é a submisión a Deus, e é a forma común que se dá á relixión dos seguidores do profeta mahoma
Islamismo, embora tamén teña o significado de doutrina do Islam, aplicase de xeito mais restrito ao fundamentalismo islámico.

Neste link hai unha interesante distinción, ainda que con conclusións que non comparto:
Distinción entre Islam e islamismo, en Inglés

A confusión dalguns dicionarios (entre eles o RAG, é seguidismo da RAE, que confunde os termos) A harmonización con Budismo e Cristianismo, non é relevante, pois estas crenzas definense como seguidores de Buda ou de Cristo (como Zoroastrismo..) e tiran dai seu nome, a palabra derivada do nome do profeta neste caso é mahometano.

En resumo, dado que a distinción existe, ainda que non sexa xeral, confundir os artigos parece que significa que igualamos as doutrinas, e non se debe dar esa impresión, xa hai xente avondo a denigrar o Islam.

Emilio juanatey 14:33, 11 abril 2007 (UTC)

Veño de mover o contido da páxina relativa á relixión musulmana dende Islamismo ata Islam polos motivos que apunta Emilio juanatey. O islam é unha relixión e o islamismo unha doutrina política que aspira a que esa relixión sexa a forma de goberno. Entendo que a equiparación con Cristianismo ou Budismo non son correctas neste caso porque cada termo, islam e islamismo, teñen contidos diferentes. --Iago 15:59, 5 xaneiro 2009 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Angr eliminou Image:Icone-religion.png: In category [[:category:Unknown as of 10 November 2007|Unknown as of 10 November 2007]]; not edited for 18 days;

-- CommonsTicker 18:14, 28 novembro 2007 (UTC)

Minúscula[editar a fonte]

"islam" debe ir en minúscula, do mesmo xeito que as demáis relixións. --Norrin (Fálame) 28 de marzo de 2014 ás 07:34 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Islam. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de novembro de 2018 ás 09:03 (UTC)[responder]

Quería corrixir "cálifa" por "califa" na parte dereita, mais non sei como acceder. Lles (conversa) 29 de xaneiro de 2019 ás 08:55 (UTC)[responder]