Conversa:Igrexa de San Vicente de Mañufe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sobre o Cartel das Referencias: As notas de todo este artigo se fixeron utilizando o modelo CITAS na edición visual, polo que non atopo o motivo de que inda se manteña o cartel de advertencia sobre un erro nas mesmas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Varperalta (conversacontribucións) o 5 de xuño de 2020 ás 11:15.--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 10:40 (UTC)[responder]

Retirado o marcador. Unha cousiña: pese a que se recomenda, o uso de modelos de citas non é obrigatorio, ver WP:CITE:
Os modelos de citas son unha boa axuda para manter a coherencia en todas as referencias do artigo. O uso destes modelos non está nin aconsellado nin desaconsellado, pero non se deberían mudar as citas feitas mediante modelos en citas feitas sen modelos sen ter algún motivo xustificado

.
O que si é necesario, derivado de WP:V que se acheguen datos suficientes para localizar a fonte da que se toma a información. Ese é o obxectivo primario de toda referencia, xa sexa usando un modelo ou coa forma en texto plano. No caso do artigo que nos ocupa a seguinte referencia non cumpre este obxectivo, polo que se agradece se alguén pode ampliar a información:

Gondomar, guía comercial e turística. ACHEGO. 2011.  .--Maria zaos (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 11:00 (UTC) Entendo a situación. A devandita publicación foi feita por ACHEGO, a que era entón a asociación de comerciantes de Gondomar. Os contidos estiveron a cargo do Instituto de Estudos Miñoranos, máis por algunha razón esta publicación non colocou as autorías en ningún lugar, tampouco ten número de rexistro algún. Agora, teño o mesmo problema coas citas colocadas na páxina: https://gl.wikipedia.org/wiki/Font%C3%A1n,_Ma%C3%B1ufe,_Gondomar . Sei que son moitas citas, máis se coloco novamente seguindo o modelo e a bibliografía en texto plano. Mais se hai erro (que non atopo) me indicades algo e con gusto o fago. Veña, graciñas Varperalta (conversa) 6 de xuño de 2020 ás 22:00 (UTC)[responder]