Conversa:Historia de Pontevedra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neste artigo hai moito que discutir e corrixir. A etimoloxía non está referenciada e, un lector non especializado en lingüística, un lector común, non a entendería (¿que significa "adxectivo modificador se hipercaracteriza morfematicamente como feminino"?).

A teoría dos castros onda Santa María e onda San Francisco é falsa, como eses supostos machados. A día de hoxe, o castro coñecido máis próximo está en Salcedo.

Na sección Época romana fálase da "Vía XIX per loca marítima", cando esa denominación corresponde á Vía XX. E fálase de que pasa por Turoqua (Pontevedra). Segundo ese dato, estase a falar da Vía XIX, porque a Vía XX Per Loca Marítima non pasaba por Pontevedra.

Que aquí, en Pontevedra, se construíra a carabela Santa María é un eterno tema de discusión, coma a orixe galega ou non do mesmo Colón. Non pode afirmarse como cousa feita e confirmada.

E, xa no século XX, afírmase que "Nos últimos tempos véuselle recoñecendo o seu labor en diversos campos a moitos persoeiros do ámbito galego", pero unicamente se cita as vítimas da Guerra Civil. Está bo achegar eses recoñecementos, pero non podemos consideralo homenaxes a "moitos persoeiros [de diversos campos] do ámbito galego".

Basear a Historia de Pontevedra nun único libro (e de 1990) é contar só media historia.

Pedro --Lameiro (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 00:11 (UTC)[responder]

Lameiro, non é moito, pero marqueino "sen referencias" e "non neutral", así polo menos os que o lean estarán sobre aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 08:38 (UTC)[responder]