Conversa:HCl

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Que razóns hai para que exista esta páxina?[editar a fonte]

Non acabo de ver a razón para esta páxina de homónimos. Se dúas substancias teñen a mesma fórmula iso quere dicir que non son dúas substancias senón unha soa. Como a propia páxina di ao ácido clorhídrico tamén se lle chama cloruro de hidróxeno e xeralmente se lles dá a mesma fórmula: HCl. Poderiamos dicir que son dúas presentacións distintas da mesma substancia, cando está en forma de gas e cando está disolta en auga. Outros ácidos como o sulfúrico ou o nítrico tamén se disocian cando están en disolución acuosa, pero non por iso imos facer páxinas de homónimos de todas. Ou mesmo o sal común NaCl pode estar en estado sólido ou disolto en auga, pero non por iso diremos que deixa de ser cloruro sódico (aínda que o que hai na disolución é auga + ións cloro + ións sodio). Nas fórmulas das reaccións químicas xa se pode poñer entre parénteses HCl (gas) ou HCl (aq.) para distinguilos, e a forma de distinguilos son esas parénteses. Sendo moi coxigosos hai que admitir que hai algunhas diferenzas en propiedades entre o HCl gas e o HCl disolto (aínda que o contido de ambas as páxinas se solapa bastante), pero se seguimos sendo coxigosos, entón a fórmula do gas sería HCl, mentres que a fórmula disolta sería Cl- + H+, polo que tampouco terían a mesma fórmula e non sería un homónimo. Normalmente, os ácidos, polo menos os orgánicos, e a súa forma ionizada explícanse na mesma páxina (acido pirúvico/piruvato), aínda que as formas ionizadas perderan hidróxenos. Se lle quitamos ás páxinas cloruro de hidróxeno e ácido clorhídrico todo o que se solapan, case se podería facer unha soa páxina na que se explicase todo o que houbese que explicar sobre as propiedades desta substancia, cando está en disolución e cando non. Polo menos en bioloxía, o HCl practicamente sempre está en disolución, aínda que en certas reaccións de química inorgánica pode formarse o gas (que xeralmente axiña se converte en ácido clorhídrico). Na wiki inglesa "HCl" non remite a unha páxina de homónimos, senón a "hydrogen chloride", a pesar de que tamén teñen unha páxina para "hydrochloric acid" (e danlle a ambos os dous a fórmula HCl, e explican e matizan todo o necesario). Na wiki castelá é exactamente igual. Non procurei en máis wikis pero chéirame que quizais ningunha fixo páxina de homólogos con isto. Porén, eu non son experto en química inorgánica, polo que se alguén mo explica igual o entendo e me convence, pero polo momento penso que este homónimo non debería existir e que HCl debería remitir a cloruro de hidróxeno (cunha liña de aviso ao principio desa páxina dicindo que "HCl redirixe aquí" e que tamén hai outra páxina sobre o ácido clorhídrico).--Miguelferig (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 22:48 (UTC)[responder]

Concordo. Completamente de acordo. HCl é fórmula para o cloruro de hidóxeno, mentres que HCl (aq) é para o ácido clorhídrico, non hai homónimos. As aclaracións nos respectivos artigos son suficientes. (Ademais, os interwikis desta páxina son incorrectos.) --Toliño Fala aquí comigo 6 de agosto de 2013 ás 09:32 (UTC)[responder]
Si, os interwikis non son correctos, porque non é o mesmo HCL (é dicir, as siglas H.C.L.), que a fórmula HCl (co ele minúsculo). O número CAS de cloruro de hidróxeno e de ácido clorhídrico é o mesmo: 7647-01-0.Miguelferig (conversa) 6 de agosto de 2013 ás 20:03 (UTC)[responder]