Conversa:Hórreo tipo Cedeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A caracterización tipolóxica que fai Martínez Rodríguez é a seguida no artigo Hórreo galego, no seu apartado Clasificación tipolóxica, e entre as tipoloxías definidas non se atopa a do hórreo cedeirés. Por características construtivas e morfolóxicas e por extensión xeográfica o seu correspondente máis aproximado é o que Martínez Rodríguez chama hórreo tipo Cabanas. Este artigo xa foi proposto para fusión hai tempo, e fundido finalmente cando foi creado o artigo Hórreo tipo Cabanas. Crealo de novo só pode levar a fundilo de novo. --Xoacas(de laranxa) 12:24, 3 de maio de 2010 (UTC)

Como ben saberás Xoacas, fun eu o que editou o primeiro artigo adicado á esta tipoloxía de hórreo hai un tempo. Ausente polo traballo, perdín o fío da conversa e cando voltei desafortunadamente estaba xa fusionado con outro artigo adicado a outra tipoloxía de hórreo, o cabanés.
Na miña opinión semella dificil soster unha fusión de dous artigos que son formal, nominal e sustancialmente diferentes, sería como fusionar "vaca caldeá" con "vaca limiá". Seguindo obras revisadas e máis actuais do mesmo autor que aludes, neste caso Martínez Rodríguez, este autor xa inclue na súa última obra -El Hórreo Gallego. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1999. ISBN 8489748640- ao hórreo Cedeires. Se ben, ti aludes a unha obra realizada en 1975, o autor actualizou eses datos en 1999 e por suposto inclue o hórreo cedeirés.
Por unha parte o hórreo de tipo cedeira ou cedeirés difire do cabanés:
  • Primeiro.Xeográficamente. O hórreo cedeirés extendese dende a ría de Ferrol á de Ortigueira, mentres o cabanés faino polo interior collendo as Pontes, e non os concellos correspondentes ao cedeirés, como; Valdoviño, Cedeira, Narón, San Sadurniño, Cariño ou Ferrol.
  • Segundo.Tipolóxicamente. O hórreo cedeirés presenta caracteristicas propias, tais como a entrada lateral na súa cara longa, ou o intercalado de lousas horizontais, inexistente no hórreo cabanés. O tellado é inconfundiblemente de lousa mentres no cabanés existe abundancia de tella.
Penso que todas elas son razóns de gran peso que xustifican sen dúbida o mantemento do artigo, e incluso poden serche utis psra o artigo Hórreo galego.--Alexandre Vigo 13:15, 3 de maio de 2010 (UTC)

Eu non sei como resolver isto, así que non o vou facer.

O dilema céntrase en se o hórreo cedeirés é un subtipo diferenciable do hórreo cabanés. Indo ao concepto de tipo arquitectónico (quen teña paciencia que lea a Aldo Rossi e a súa Architettura della cittá, GG), a definición dunha variante tipolóxica é tan subxectiva e precisa dun exame morfolóxico e técnico tan minucioso que dende o principio tiven claro que era mellor remitirse tamén nese campo a fontes terceiras. O único autor dos que consultei (e creo que poucos me quedaron sen consultar) que se deu ese traballo foi o tan traído Martínez Rodríguez. Certo é que o seu libro El hórreo gallego foi publicado primeiramente en 1977 e que hai unha edición posterior de 1999. Porén o contido da segunda edición coincide plenamente co da primeira, polo menos polo que eu puiden ver hoxe na biblioteca: Montevideo 1975, dedicado á condesa de Fenosa en 1977, presentado por Filgueira Valverde (...que morreu en 1996). Só cambia a maquetación e a incorporación de novas ilustracións; é, por así dicilo, o mesmo libro.

E o que nos importa: na quinta parte, Geografía del hórreo gallego, na que fai a clasificación tipolóxica dos hórreos por características morfolóxicas e construtivas e por zonas, reproduce exactamente a que xa viña na edición de 1977, e que plasmei no artigo Hórreo galego, apartado Clasificación tipolóxica. Falando claro, o hórreo cedeirés non consta no libro de Martínez Rodríguez. Isto leva a esta discusión a un camiño sen saída: ou ben Alexandre Vigo non di a verdade ou ben non a digo eu.

Todo resólvese botando man ao libro en cuestión, pero será sen contar comigo, que eu non teño ganas de lerias.

Saúde. Xoacas(de laranxa) 19:33, 3 de maio de 2010 (UTC)

  • Polo que vexo no catálogo da biblioteca da Universidade de Santiago, o tal Ignacio Martínez Rodríguez escribiu un libro El Hórreo gallego: estudio geográfico en 1975, que foi reeditado en 1999 co título El Hórreo gallego. Nin coñezo os libros nin podo consultalos por agora pero o primeiro tiña 387 páxinas e o segundo 443. Semella ser máis có primeiro libro remaquetado e con máis ilustracións. Pero se Xoacas, que demostra ter lido as dúas edicións e que ben se ve que sabe do que fala, insiste en que tampouco na segunda edición inclúe esa nova tipoloxía do hórreo cedeirés, non hai moito máis que falar xa que nos faltaría referencias para basear esas diferenzas que menciona Alexandre (que poden ser moi certas pero segue sendo necesario referenciar). Ante a alternativa de que un ou outro non digan a verdade queda unha terceira: que estean manexando fontes distintas, polo que cómpre que Alexandre nos dea a cita completa da fonte na que se basea para manter os dous artigos como hórreos diferentes ou volver á fusión que recomenda Xoacas. Mentres tanto, este artigo cedeirés merece unha marca de atención. Pedro --Lameiro (conversa) 14:19, 9 de maio de 2010 (UTC)
    • Xa co libro de Martínez Rodríguez na man (edición 1999), podo confirmar que efectivamente describe, co nome de hórreo tipo Cedeira (nas páxinas 322 a 326), un modelo de hórreo que localiza na costa coruñesa de Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e Ferrol. Clasifícao entre os hórreos de albanelería. Por outra banda está o hórreo tipo Cabanas (px. 215-220), clasificado entre os de madeira. Semella, xa que logo, que a fonte sobre a que se basea o estudo dos hórreos galegos (e estes artigos en particular) ve dúas tipoloxías distintas, que xustifican a existencias de dous artigos distintos. Retiro a marca de atención. Pedro --Lameiro (conversa) 22:29, 10 de maio de 2010 (UTC)

Xa lle botarei unha ollada ao libro ese. A orixe de todo pode ser a seguinte: eu non considerei os hórreos de albanelería, o mesmo Martínez Rodríguez non os considera tipoloxías tradicionais. Será cuestión de facer unha aclaración en Hórreo galego coa ligazón correspondente. Gracias, Lameiro, pola molestia que te tomaches. Xoacas(unha palabriña doçe) 22:50, 10 de maio de 2010 (UTC)

Agradezoche que comprobaras a miña información Lameiro, pois polo visto está en tela de xuizo non só a miña aportación senón incluso a miña credibilidade. Con todo, son plenamente consciente compañeiro Xoacas, de que non actuaches con maldade algunha senón todo o contrario, traballas como a túa colaboración ben demostra, pra procurar un galipedia mellor, por iso estou ledo de que finalmente atoparamos a confusión, pois non sempre as cousas teñen porque ser brancas ou negros, nin falsas nin verdadeiras. Unha aperta aos dous polo traballo. Un apuntamento final, a fotografía reproduce un hórreo cercano ao que o propio autor incluiu na edición de 1999, tamén no lugar de Riobó, na parroquia valdoviñesa de Meirás.--Alexandre Vigo 12:05, 14 de maio de 2010 (UTC)

Sobre ao da credibilidade e todo iso: non estamos aquí para sermos amigos nin inimigos, prefiro as palabras doces que as apertas. Sobre a fotografía, unha preguntiña: cercano en que sentido? xeograficamente? morfoloxicamente? moralmente? enfiteuticamente? Xoacas(non te me poñas así) 14:33, 14 de maio de 2010 (UTC)

Fixen a seguinte edición:

  1. Suprimín a imaxe que había, que non se correspondía co tipo descrito. O hórreo tipo Cedeira é de ladrillo e xisto, o da imaxe era de madeira e cachotería, nada que ver. Pode que o hórreo da imaxe estea localizado na área xeográfica do hórreo tipo Cedeira, pero tamén é certo que esta área xeográfica non é exclusiva del.
  2. Apliquei ao artigo o mesmo formato que ten toda a serie correspondente aos tipos de hórreos (encabezado + características morfolóxicas + características construtivas). Creo que é coherente e mellora a usabilidade para o lector.
  3. Introducín información a partir da bibliografía de referencia e modifiquei os contidos que a contradicían ou que indicaban unha mala comprensión dela. Creo que agora o artigo tende máis a definir o hórreo tipo Cedeira polo que é que polo que non é.

E deixo constancia aquí para que haxa buen rollito. Biquiños. Xoacas(non te me poñas así) 20:25, 21 de maio de 2010 (UTC)

Dase a casualidade de que no libro que ti mesmo empregas para o artigo deta tipoloxía -que ti tanto defendiches que non existía-, aparece un hórreo con estas características. O hórreo tipo cedeira ou cedeirés, non é de tixolo.--Alexandre Vigo 07:53, 25 de maio de 2010 (UTC)

Do tan traído e tan levado libro de referencia (Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego): "Siempre sobre celeiro y , por tanto, es de dos plantas. (...) La cámara lleva en sus cuatro paredes "persianas" que ocupan la total superficie de las mismas. Son formadas por piezas de pizarra o de cerámica, estrechas y alargadas, todas de igual dimensión (chanquilones), convenientemente colocadas para dejar entre ellas aberturas de ventilación horizontales. Estas aberturas se ordenan en series verticales separadas por estrechas porciones de pared, que no llevan aberturas, también verticales. (...) El piso de cemento hace voladizo en las cuatro paredes, formando una "capela" continua. (...) El techo es de pizarra a cuatro aguas, dos principales sobre los costales, que dibujan la arista longitudinal y dos menores sobre los "penales". Pendiente fuerte y alero poco saliente. (...) El "celeiro" es construído comunmente de ladrillo o de cemento. El acceso es exterior; el "celeiro" lleva una puerta y la cámara otra, ambas en correspondencia en la parte media del "costal" que mira a la era. (etc...)-. Non hai xustificación para manter a imaxe, que non corresponde con este tipo. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 08:52, 25 de maio de 2010 (UTC)