Conversa:Giordano Bruno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alberte, eliminei a Categoría:Asasinados pola relixión católica e engadín a Categoría:Asasinados pola Inquisición, polos seguintes motivos:

Untitled[editar a fonte]

  • "relixión católica" non é un réxime, nin unha organización, nin unha personalidade xurídica, nin unha institución (ou conxunto de), e polo tanto non ten capacidade de asasinar a ninguén.
  • "inquisición" é unha categorización moito máis concreta, que sí é unha institución (un conxunto de, máis ben, pero polo de agora chega, xa dividiremos). Ademais, concorda co resto de wikis (cf. en:Category:Victims of the Inquisition).

Por outra banda, gústame máis o concepto de "vítimas de [...]" que o de "asasinados por [...]", mais terá que haber concordancia nos títulos (cf. Categoría:Asasinados polo bando republicano). --Norrin (Fálame) 4 de xuño de 2014 ás 06:50 (UTC)[responder]

  • Paréceme ben o troco, queda máis concreto e mellor. O que si é que me parece que a categoría Asasinados polo réxime soviético é un caso semellante a este, xa que o réxime soviético non matou a ninguén senón que foi a ditadura de Stalin (que equivaldría no caso da relixión á Inquisición) ou os bandos participantes na guerra civil rusa, etc., non o réxime en si mesmo. O tema dos asasindos véxoo máis para os bandos de guerra e non para reximes políticos: poñamos por caso países que teñan en vigor a pena de morte... entón se un executado ten relevancia enciclopédica ten que levar a categoría Asasinado polo réxime estadounidense ou chinés ou saudita? Véxoo pouco claro. --Alberte Si, dígame? 4 de xuño de 2014 ás 11:07 (UTC)[responder]
  • Buf... aquí habería varias cousas. Sobre o de Stalin pois non sei, eu persoalmente non teño criterio para dividir a URSS en épocas. Seica unha "Categoría:Asasinados polo réxime de Stalin" iría mellor, mais tampouco comprobei se todos eles son vítimas de dita época. Eu persoalmente acho un erro as categorías de "Asasinados por xxxx", mais penso que temos que ser coherentes. Tamén dubido que todos os da Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia teñan relevancia enciclopédica, máis aló de que foran asasinados, mais iso é outro tema. Por outra banda, habería moitos da devandita categoría que se poderían considerar executados (outra cousa é a lexitimidade que cadaquén lle de ao réxime). E un montón de cousas máis... Penso que deberíamos facer unha reforma a fondo disto, mais non sei se haberá folgos na comunidade ;) --Norrin (Fálame) 5 de xuño de 2014 ás 06:59 (UTC)[responder]
PD: No caso da inquisición, por outra banda, tamén habería que levalo a "Executados pola inquisición", ou máis ben "condenados a morte pola inquisición", xa que executaban as autoridades civís... --Norrin (Fálame) 5 de xuño de 2014 ás 07:01 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Giordano Bruno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 18:02 (UTC)[responder]