Conversa:Fungo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Obxecto desta páxina[editar a fonte]

O termo fungo debería reservarse aos seres vivos fungos. Con gran diferenza é o significado por antonomasia da palabra. Os demais non son verdadeiros homónimos ou son palabras que, precisamente, fan analoxia co ser vivo fungo.--Miguelferig (conversa) 18 de abril de 2019 ás 20:42 (UTC)[responder]

Coincido coa túa apreciación Miguelferig, penso que habería que mover a páxina. Pasa igual con Atlas, que todos os termos fan analoxía ó deus da mitoloxía grega e tamén acontece noutras páxinas de homónimos. Penso que se deberían ter en conta estas consideracións á hora de crear páxinas de homónomos. --Dodro (conversa) 18 de maio de 2019 ás 13:59 (UTC)[responder]
Ben, en Atlas habería que discutilo, porque o uso cartográfico e as montañas do Atlas son tamén significados moi utilizados. De feito, probablemente hai moitísimas persoas que usen un atlas de mapas que non saben por que se lle chama atlas. Pero noutros casos hai un significado que é con gran diferenza o máis utilizado, pero se coincide co nome dalgunha parroquia só coñecida localmente, por exemplo, pois xa fan unha páxina de homónimos.--Miguelferig (conversa) 18 de maio de 2019 ás 14:56 (UTC)[responder]
Todas fan analoxia ó titan se pescudas. --Dodro (conversa) 18 de maio de 2019 ás 15:16 (UTC)[responder]
Si, xa sei. Pero o que quero dicir é que aínda que veñan do mesmo pode haber un significado coñecido por todos e outros significados bastante máis raros ou de menor importancia. Por exemplo, William Shakespeare é o escritor inglés mundialmente coñecido, pero tamén hai un cráter en Mercurio que se chama así (en honra del, precisamente), pero que case ninguén coñece. Entón, estaría xustificado ter que titular unha páxina "Willian Shakespeare (escritor)", coas parénteses para facer unha páxina de homónimos? Eu creo que neses casos non, e que se debería facer, en todo caso, a páxina "Shakespeare (homónimos)".--Miguelferig (conversa) 18 de maio de 2019 ás 16:13 (UTC)[responder]