Conversa:Funcións executivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Moveuse o artigo orixinal, con nome 'Funcións executivas' a 'Función executiva'. Na miña opinión este cambio non é correcto por canto o termo fai referencia a un conxunto de procesos neuropsicolóxicos. O nome orixinal acuñado en inglés (Executive functions) está en plural e a súa tradución correcta ao galego debe ser tamén en plural. Ademais, na forma actual existe unha incongruencia entre o título do artigo e o resto do contido, todo el empregando a forma plural Aveleiro 09:20, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Movín o artigo ao plural. Desculpa o meu erro. Grazas por avisar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:49, 24 de agosto de 2010 (UTC)