Conversa:Fulmar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fulmares[editar a fonte]

Puxen como título desta páxina fulmar, seguindo os nomes da Lista de aves de Galicia, que dá ese nome para Fulmarus glacialis. De todos modos, o nome paréceme inapropiado, xa que existen dúas especies de fulmares, unha no polo norte e outra no sur e hai que distinguilas. A páxina co nome fulmar debería ser a páxina do xénero Fulmarus, que inclúe os dous, e non esta. A páxina actual de Fulmarus glaciaris debería chamarse fulmar do norte ou boreal, e a do Fulmarus glacialoides fulmar do sur ou fulmar austral. --Miguelferig (conversa) 15 de agosto de 2018 ás 22:41 (UTC)[responder]

No DIGALEGO fulmar [1] remite a pardela glacial [2], o problema é que o digalego non dá o nome científico, aínda que se supón que é a especie na que se fala neste artigo, que outra podería ser? e a descrición creo que corresponde. Así e todo, a única busca que sae en google de "pardela glacial" é o propio digalego.--HacheDous=0 (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 08:34 (UTC)[responder]
Simplemente puxen este exemplo para que se vexa a diferenza entre facer unha enciclopedia en galego e facer un dicionario de galego, ou de facer unha lista cos nomes das aves "de Galicia" ou das aves "do mundo". Na nosa enciclopedia temos que usar nomes para todas as aves "do mundo". Se hai varios fulmares (ou o animal que sexa), non podes dicir que a única especie que se ve ás veces en Galicia (a do polo norte) se chama, simplemente, fulmar ; cómpre (nunha enciclopedia) darlle un apelido para diferenciala dos outros fulmares que haxa. Así pasa con moitos animais ; por exemplo estou pensando en facer as páxinas das Fregate, das que hai varias especies, pero na lista das aves de Galicia só lle chama rabiforcado á especie que aparece por Galicia. Rabiforcado debería ser o nome do xénero Fregate, e as especies concretas deben ter un apelido. Esta diferenciación é a práctica habitual nas wikipedias e listas de animais noutros idiomas, pero no caso das enciclopedias é case obrigado facelo. Por outra parte, pardela glacial sería unha solución, aínda que non di o nome científico, pero supoño que se refire aos fulmares do norte, nin sei se o nome foi aceptado por autoridades zoolóxicas (a Lista si o foi, aínda coas cousas discutibles que ten). Ademais a especie do sur tamén sería glacial (glacial antártica), e o nome científico de ambos significa esencialmente o mesmo (glacialis, glacialoides). Se realmente a queren diferenciar con visión global, tería que ser pardela ártica, boreal, septentrional, do norte ou algo así. De todos modos, se vén no Digalego vouna poñer como redirección.--Miguelferig (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 10:07 (UTC)[responder]
Atopei outra referencia de pardela glacial na Enciclopedia Galega Universal que si dá o nome científico como F. glacialis, polo que estaría identificada. Vou engadir esa referencia tamén. Porén, permanece o problema de distinguila da especie do sur. Penas Patiño dálle o nome de fulmar boreal, moi axeitado. Ese debería ser o nome da páxina.--Miguelferig (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 21:42 (UTC)[responder]