Conversa:Frutosa 2,6-bisfosfato

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Consideracións sobre os nomes dos compostos[editar a fonte]

Quero facer unhas consideracións sobre os nomes dos compostos bioquímicos en xeral (non especificamente para esta páxina). Os nomes das especies bioquímicas teñen unha sinonimia, xa que se foron utilizando na literatura científica nomes lixeiramente distintos e ás veces a IUPAC foi cambiando de criterio. Non hai máis que consultar a sinonimia que se dá en MeSH ou en PubChem sobre o composto desta páxina, que pode aparecer nos textos cos prefixos di, bi ou bis e pode ir unido con guión ou sen el. Ademais, curiosamente, nos nomes dos encimas (regulados por outra Comisión) mantéñense os guións para compostos que actualmente se usan normalmente sen el, polo que podemos atopar frutosa-2,6-bisfosfatase (o encima con guión despois de frutosa) e á vez frutosa 2,6-bisfosfato (o azucre sen o guión). No artigo menciónanse os distintos nomes posibles, pero despois utilízase un só ao longo do texto (frutosa 2,6-bisfosfato), coa salvedade indicada para os encimas. Outro problema distinto é unificalos en páxinas diferentes.--Miguelferig (conversa) 8 de decembro de 2013 ás 18:34 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Frutosa 2,6-bisfosfato. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 00:22 (UTC)[responder]